Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 1998 Páx. 2.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998 pola que se anuncia concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de novos vestiarios e reforma de iluminación e chan da pista número 1 das Polideportivas de Riazor.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente:O98/10.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de novos vestiarios e reforma de iluminación e chan da pista número 1 das Polideportivas de Riazor.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 34.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: Grupo C, subgrupos 4 e 6, categoría a; grupo J, subgrupos 2 e 4, categoría a.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: un mes contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Adminsión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar o concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de novos vestiarios e reforma de iluminación e chan da pista número 1 das Polideportivas de Riazor».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 4 de marzo de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

2360