A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada con data do 10 de xullo, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Desestimar integramente o escrito de alegacións presentado por Mario Antonio Fuentes Sampedro, contra a aprobación inicial, de acordo cos informes técnicos que constan no expediente e que serán transcritos ó interesado. E
Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da zona 3 (A e 4 A) do SU-15 do PXOU por instancia de José Álvarez Carpintero, debéndose construír nos lugares onde o proxecto inclúa escaleiras, ademais ramplas para minusválidos, para dar cumprimento ó R.D. 556/1989, do 19 de maio, sobre condicións de accesibilidade.
Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.
Non obstante o recurso indicado, poderá utiliar outros que así o crea conveniente.
Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 25 de novembro de 1997.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente
1850

