En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante da comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:
«Data 11 de marzo de 1998.-Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Audiencia r/ Capitán Juan Varela, s/n, A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de Primeira Instancia e Instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta Xerencia Territorial en uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28-6-1991) e de conformidade co previsto no artigo 38 o Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no apartado décimo primeiro da O.M. do
20 de xullo de 1995 (BOE do 21). Nomeamento acordo da Sala do Goberno de data 6-3-1998:
-Provincia da Coruña:
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, José Manuel Silvosa Tallón.
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Carballo nº 2, María Belén Ray Baamonde.
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Corcubión nº 2, Óscar Méndez Fernández.
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros, Dolores Rolle Insua.
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ortigueira, Alfredo Berini Couceiro.
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribeira nº 1, María Violeta Reboredo Otero.
-Provincia de Lugo:
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Mondoñedo nº 2, Regina María Peña Sangil.
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Becerrreá, Ana Cadenas Fernández.
-Provincia de Ourense:
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Bande, Agustín Gamote Álvarez.
-Provincia de Pontevedra:
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cambados nº 1, Luisa Marina Barrio Calle.
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Cangas nº 2, María Antonia Arias Bouza.
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Marín nº 1, Ernesto Porras Pérez.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, contado a partir do seguinte ó da súa notificación.-O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos.-O xerente Territorial.-Manuel Olmo Peláez.-Rubricado.-Hay un carimbo de saída da Xerencia Territorial.-».
Igualmente se fai constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno de data 6-3-1998, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, pregándolle que envíe a esta Presidencia un exemplar del no que se faga para a súa constancia no expediente.
A Coruña, 12 de marzo de 1998.
José-Ramón Vázquez Sandes
Presidente

