En atención ós méritos que concorren en Fernando Henrique Cardoso, presidente da República Federativa do Brasil, e ó amparo do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.
Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de marzo de mil novecentos noventa e oito,
DISPOÑO:
Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia a Fernando Henrique Cardoso, presidente da República Federativa do Brasil.
Santiago de Compostela, vinte de marzo de mil novecentos noventa e oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
2481