Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos de transmisión das concesións administrativas pertinentes e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista dos informes favorables do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:
Denominación da batea: Jalda número 1.
Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 15, Cangas C.
Data de concesión: 29-9-1967 (BOE nº 244).
Data do remate da última prórroga: 12-10-2007.
Anteriores concesionarios: Mariscos Antepazo, S.L. (B36.033.074).
Novo titular concesión: Mariscos Rivas Mar, S.L. (B36.281.368).
Denominación da batea: Primavera número 8.
Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 40, Cangas H.
Data de concesión: 6-10-1955 (BOE nº 286).
Data do remate da última prórroga: 13-10-2005.
Anterior concesionario: Pilar Otero Coya (78.731.846).
Novo titular concesión: Mariscos Rivas Mar, S.L. (B36.281.368).
Denominación da batea: Costas número 3.
Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 39, Cangas C.
Data de concesión: 6-4-1966 (BOE nº 111).
Data do remate da última prórroga: 10-5-2006.
Anterior concesionario: Serafín García Portela (35.902.796A). Encarnación Sagrario Carro Jalda (35.189.036).
Novo titular concesión: Mariscos Rivas Mar, S.L. (B36.281.368).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como no cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 2 de marzo de 1998.
P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG nº 134, do 10-7-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Pontevedra
2129

