A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público para a adquisición de dializadores, liñas para hemodiálise e líquidos dializantes:
1. Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, Dirección de Xestión, Servicio de Compras, rúa Ramón Puga, 52, 32005, Ourense, teléfono (988) 38 57 02, fax (988) 38 58 49.
2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público polo procedemento aberto.
3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor.
b) Natureza e cantidade dos productos que deben subministrarse:
Lote nº 1: 3.028 dializadores, fibra polimetilmetacrilato. Superficie efectiva 2,1 m.
Lote nº 2: 3.711 dializadores, fibra polimetilmetacrilato. Superficie efectiva 1,6 m.
Lote nº 3: 2.377 dializadores, fibra copolímero de acrilonitrilo-metilsulfonato. Superficie efectiva 1,53 m.
Lote nº 4: 857 dializadores, fibra copolímero de acrilonitrilo-metilsulfonato. Superfice efectiva 1,7 m.
Lote nº 5: 2.610 dializadores, fibra polimetilmetacrilato. Superficie efectiva 1,6 m.
Lote nº 6: 344 dializadores, fibra polimetilmetacrilato. Superficie efectiva 1 m.
Lote nº 7: 148 dializadores, fibra polipropileno. Superficie efectiva 0,4 m.
Lote nº 8: 164 dializadores, fibra copolímero de acrilonitrilo-metilsulfonato. Hemofiltración continua.
Lote nº 9: 12.642 liñas de diálise arterial-venosa.
Lote nº10: 1.371 bidóns ácido + 2.742 cartuchos para concentración final de bicarbonato 40,8.
Lote nº11: 4.537 bidóns ácido + 3.017 cartuchos para concentración final de bicarbonato 34.
Lote nº12: 4.796 cartuchos de bicarbonato.
Orzamento total: cento trece millóns trescentas corenta e seis mil cento setenta e cinco pesetas (113.346.175) IVE incluído.
c) División por lotes: pode licitarse á totalidade dos lotes que se suministrarán, ou sobre algún ou algúns deles.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de condicións.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: ver punto nº 1.
b) Data límite para efectua-la solicitude: 23 de abril de 1998.
6. a) Data límite de recepción das propostas: 30 de abril de 1998.
b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, nº 52. Edificio de Administración-planta baixa; 32005, Ourense.
c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: galego ou castelán.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da devandita apertura: sala de xuntas da Dirección de Xestión do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor a partir das 9 horas do día 11 de maio de 1998.
8. Garantías esixidas:
-Provisional: 2% do importe do orzamento correspondente ó lote ou lotes a que se concorra (ver cláusula 9.2.10) do prego de cláusulas administrativas particulares).
-Definitiva: 4% do importe de licitación (ver cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicatarias da contratación: UTE.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.
13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas.
14. Información complementaria: ver prego de cláusulas administrativas.
15. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.
16. Data de envío do anuncio: 9 de marzo de 1998.
17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).
18. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución será por conta do/s adxudicatario/s.
Ourense, 23 de febreiro de 1998.
Belén Sánchez Rodríguez
Directora xerente en funcións do Complexo
Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense
2143

