Incoado expediente por Cooperativa Agrícola Ganadera de Ourense Soc. Coop. Lda. con domicilio social en Ourense, rúa Xoán XXIII, nº 37-B (32003),
para a constitución no seu seo dunha agrupación de productores agrarios (APA), para a comercialización de polos de carne e demais aves, acollida ó Real decreto 280/1988, de 18 de marzo, e cumprindo os requisitos esixidos polo R(CE) 952/1997 do Consello, de 20 de maio, esta consellería,
ACORDA:
Calificar como agrupación de productores agrarios para a comercialización de polos de carne e demais aves a Cooperativa Agrícola Ganadera de Ourense, Soc. Coop. Lda., con ámbito territorial na provincia de Ourense.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1998.
Cástor Gago Álvarez
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria
2831

