A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 31 de outubro de 1997, aprobou o proxecto de 180 P.O.L. 97, Becerreá, acceso ó parque empresarial de Becerreá e, na sesión celebrada o día 27 de outubro de 1997, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do día 14 de xaneiro de 1998, baixo o número 382.
Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.
A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe no seguinte sentido: «Non se aprecia inconveniente de índole urbanística polo que atinxe ós terreos clasificados como solo non urbanizable. Os terreos clasificados como solo urbanizable deberán desenvolverse conxuntamente co resto do polígono do plan parcial no que están integrados». O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 18 de febreiro de 1998, nº 2206.
Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras de referencia figuran nun programa de cooperación económico local e os terreos se precisan para inicia-las obras dentro dos prazos sinalados pola normativa ó respecto.
A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de marzo de mil novecentos noventa e oito,
DISPOÑO:
Artigo único.
De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocu
pación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 180 P.O.L. 97, Becerreá, acceso ó parque empresarial de Becerreá.
Santiago de Compostela, vinte de marzo de mil novecentos noventa e oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

