Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 02 de abril de 1998 Páx. 3.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, do contrato que se cita.

A) Contrato de aluguer.

Aluguer de local destinado ó establecemento dos servicios centrais do organismo autónomo Augas de Galicia.

Orzamento: dezaoito millóns de pesetas (18.000.000 de ptas.).

(Declarado urxente ó abeiro do establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das

proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que presta o organismo autónomo Augas de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 145 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, que engade un novo número 6 no artigo 36 da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, non será necesario prestar fianza.

D) Modelo de proposicións.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ós pregos de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 20 de novembro, e no caso de seren enviadas por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificarase a data de imposición do envío comunicándollo a este organismo autónomo mediante telex ou telegrama no mesmo día.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do quinto día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia