Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.482

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 26 de marzo de 1998 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mediante Orde do 23 de febreiro de 1998 (DOG nº 45 do 6 de marzo de 1998), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indica ós funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario presten servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicaición no Diario Oficial de Galicia despois de comunicalo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Apelidos e nome: Rodríguez Álvarez Antonio.

NRP ou DNI: 34244246.

Grupo: A.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: subdirector xeral de Coordinación Administrativa e control orzamentario.

Código posto: CUC02000015770001.

Nivel: 30.

Dependencia: secretaría xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Beatriz Otero Schmitt.

NRP ou DNI: 33238919.

Grupo: A.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: xefa do Servicio Técnico Xurídico.

Código posto: CUC020000115770041.

Nivel: 28.

Dependencia: secretaría xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

2395