Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por reso
lución da Universidade de Vigo do 21 de marzo 1997 (BOE do 12 de abril) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a prol de Antonio Álvarez Alonso, con documento nacional de identidade número 36.067.505, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Álvarez Alonso profesor titular de universidade, da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.
Vigo, 10 de marzo de 1998.
Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
2389

