Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 03 de abril de 1998 Páx. 3.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias municipais relativa ás condicións de aproveitamentos baixo cuberta.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 6-3-1998, a modificación puntual das normas subsidiarias municipais relativa ás condicións de aproveitamento baixo cuberta; de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, exponse ó público o expediente polo período dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de que, durante o dito prazo se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser examinado nas dependencias de secretaría, de 8 a 14 horas en días hábiles, agás sábados que será de 9.30 a 13 horas.

Bueu, 18 de marzo de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

2973