Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.934

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, do tribunal IV-I, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á/ás categoría/as 3 (auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 26 de marzo de 1998 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á/ás categoría/as 3 (auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, 12-12-1996), acordouse:

1º.-Que o terceiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á/ás categoría/as 3 (auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico) do grupo IV terá lugar o día 6 de maio de 1998 ás 17.15 horas na Escola Galega de Administración Pública sita na rúa Madrid, 2-4 (Polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela.

O chamamento único para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17 horas.

2º.-Os aspirantes deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade e bolígrafo (base II.2.3 e base II.3.2).

3º.-Tal e como prevé a base II.2.2 apartado c) están exentos da realización deste terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación de galego. Tal acreditación poderase presentar ata 10 días antes da celebración deste exercicio ante o director xeral da Función Pública, tribunal IV-1, Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1998.

Valeriano Martínez García

Presidente do tribunal

3299