Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Xoves, 16 de abril de 1998 Páx. 3.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1998 pola que se anuncia poxa urxente para a contratación das obras de remodelación do cruzamento da avenida Otero Pedrayo coa rúa Alfonso Rodríguez Castelao

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

c) Número de expediente: Ref. 1136.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto, para a contratación do proxecto de remodelación do cruzamento da avenida Otero Pedrayo coa rúa Alfonso Rodríguez Castelao.

b) Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 60 días.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

a) Trámite: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: 8.691.104 pesetas, IVE incluído.

5. Fianzas.

a) Provisional: 137.822 pesetas, correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 347.644 pesetas, correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

b) Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Teléfono: 38 81 33.

7. Requisitos.

a) Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación de ofertas: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1.

d) Localidade: Ourense.

e) Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.

b) Enderezo: Praza Maior, nº 1.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalece o prazo de presentación das ofertas, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 11 de marzo de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

3347