Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.974

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998 pola que se inscribe a Bredereth Sen Jago (BSJ) The Cornish Pilgrims of St. James of Compostela, no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Bredereth Sen Jago (BSJ) The Cornish Pilgrims of St. James of Compostela, con data do 16 de febreiro de 1998.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Bredereth Sen Jago (BSJ) The Cornish Pilgrims of St. James of Compostela quede inscrita no

Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 083.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

3218