Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.989

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Xunta de Galicia (grupo A).

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e a base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de decembro de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro de 1998,

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Xunta de Galicia (Grupo A).

A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información o teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Relación de excluídos ó proceso selectivo para o acceso a funcionarios de corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia grupo A, corpo superior de administración. Promoción interna.

Apelidos e nomeDNIDisc.Causas

exclusión

Brenlla López, Claudia32.762.00020

Díaz García, José Manuel33.828.19953

Gil Atrio, Rosa34.608.89930, 20, 10, 56, 53

Relación de excluídos ó proceso selectivo para o acceso a funcionarios de corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia grupo A, corpo superior de administración. Acceso libre.

Apelidos e nomeDNIDisc.Causas

exclusión

Agra Ramírez, María35.313.93220

Alonso Losada, Cristina32.821.91553

Casal Fernández, María33.263.16851

Díaz González, Manuel33.330.67810

Fernández Quintas, María Luz34.963.96353

Orduña Domingo, María Teresa10.036.98610

Paino Rodríguez, Marta María34.893.90420

Parra Contreras, Santiago05.354.68153

Portos Mouriño, José Antonio78.786.11653

Rodríguez Rodríguez, Ángel35.302.22120

Causas de exclusión.

10Instancia fóra de prazo.

20Taxas baremo non aboadas.

21Importe taxas ingresadas inferior ó

estipulado.

30Menos de dous anos no grupo

inmediatamente inferior.

31Opta á quenda de minusválidos sen o 33%

de minusvalidez.

40Presentarse ó grupo por promoción interna

e acceso libre á vez.

50Instancia incorrecta (emendas,

raspaduras...).

51Instancia incorrecta (falta de sinatura).

52Non posuí-la nacionalidade española.

53Falta do DNI ou DNI incorrecto.

54Non ter cumpridos os 18 anos.

55Non cumpri-lo requisito de titulación.

56Non presenta-lo anexo III.

57Non pertencer ó corpo/escala do grupo

correspondente.

3268