Considerando que o nomeamento de notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981.
Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 29 de decembro de 1997 (BOE do 27 de xaneiro de 1998 ), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial; os decretos da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, 200/1994, do 23 de xuño, 292/1996, do 26 de xullo, 435/1996, do 20 de decembro, 351/1997, do 9 de decembro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes:
RESOLVO:
Nomea-los notarios que de seguido se relacionan para prove-las notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:
-María de la Inmaculada Espiñeira Soto, notaria de Ortigueira, 3ª, para a notaría de Viveiro (Lugo).
-María Isabel Fitera García, notaria de Vimianzo, 3ª , para a notaría de Corcubión (A Coruña).
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1998.
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
3141

