Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.991

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a Guillermo Carlos Alonso Carro.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 5 de xuño de 1998 (BOE do 27 de xuño), para a provisión da praza número 97/028, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de Guillermo Carlos Alonso Carro, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Guillermo Carlos Alonso Carro, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de construccións arquitec

tónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, desta universidade.

A Coruña, 25 de marzo de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

2966