Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente número 59/97).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Sueros Galicia, S.A., co enderezo social no lugar de Cebreiro, municipio do Pino,

A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue: unha plata de coxeración grupo d composta polos seguintes elementos:

Tres motores de combustión interna alimentados con fuel pesado cunha potencia de 3520 kW c/u.

Tras xeradores síncronos cunha potencia nominal de 4246 kVA c/u.

Un centro de transformación con relación de transformación 20/6,6 kV.

Aparellos eléctricos de protección, mando, sinalización e medida.

A planta de coxeración vai instalarse na factoría da empresa, situada no municipio de Touro (A Coruña).

Orzamento: 744.817.672 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 10 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2871