Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/149-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2 polígono A Grela-Bens, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. 15/20 kV, C.T. de 50 kVA, R.B.T. de Souto-Serantes.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: acometida liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio

de formigón e conductor LA-56, de 3 m de lonxitude, con orixe na liña Sta. Mariña-Graña (expediente 32393) e final en centro de transformación (C.T.) que se vai instalar en Souto. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en Souto-Serantes, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 660 m. Ferrol.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 12 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2865