Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 202/1997).

Outorgada a declaración de utilidade pública por resolución desta delegación, do 6 de febreiro de 1998, que leva implícita a urxente ocupación de conformidade co artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, para os efectos de expropiación forzosa

e imposición de servidumes de paso, para execución das instalacións eléctricas que máis abaixo de describen, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Avda. de Arteixo, nº 171, 15009 da Coruña.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen nas relacións anexas, que o representante e o perito da Administración se constituirán o día 12 de maio de 1998 nos predios para

a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas da Casa do Concello actas previas a ocupación, nas que se describirán os bens e os dereitos afectados por expropiación ou servidumes, a partir das horas que seguen:

Expte. nº 202/1997.

Liña eléctrica a 20 kV con orixe na liña Cornido-Franza, e centro de transformación no lugar de Rilo, no termo municipal de Mugardos.

A partir das 12 horas predio/s número/s 1 e 2.

Advírteselles ós interesados, ós que lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou persoas que os representen, e se así o estiman cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, para os sós efectos de emendar posibles erros das relacións.

A Coruña, 17 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 202/1997Provincia: A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Ares-Rilo.Termo municipal: Mugardos.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Souto da CanaPradoJosé Vicente Casal CortizasAntonio Noche, 4-4º C,

15009-A Coruña

1/2 C.T.310160

2Souto da CanaPradoLeopoldo Cartelle VilarRilo, 18,

15620-Mugardos

1/2 C.T.3232

2801