Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 11 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-252/1997, por non ter constancia da súa recepción polo destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. 1665/1976 do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento.

ANEXO

Expediente: LU-252/1997.

Denunciado: Manuel Vázquez Mouriño.

DNI: 33.184.929.

Último enderezo coñecido: r/ Celso Emilio Ferreiro, 33 c-Santiago-A Coruña.

Feito denunciado: transporta-lo día 30 de xullo de 1997, no camión matrícula C-9932-AV, cen animais bovinos dun mes de vida desde Santiago de Compostela ata Agromadera del Pla, S.L. Girona, dos que os identificados cos crotais LU-7532-UJ, PO-1178-UR, LU-2611-VA, C-4949-UL, PO-8477-VA y C-6396-UU no ían amparados por ningún documento oficial de traslado.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigo 32.

Precepto sancionador: artigo 212.

Sanción proposta: 25.000 ptas.

Lugo, 11 de marzo de 1998.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

2820