Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, e expediente anticipado de gasto para a subministración de equipamento para diversos centros de saúde. (SCC 04/1998). (Catro lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde - Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 27 67. Fax (981) 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: diversos centros de saúde.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: moblaxe xeral, moblaxe clínica

e aparellos para diversos centros de saúde. (Catro lotes).

c) Orzamento total: cento corenta e sete millóns cincocentas tres mil duascentas pesetas, IVE incluído (147.503.200 ptas., IVE incluído).

Lote nº 1. Moblaxe xeral: 45.600.200 ptas.

Lote nº 2. Cadeiras: 30.713.000 ptas.

Lote nº 3. Moblaxe clínica: 32.089.500 ptas.

Lote nº 4. Aparellos: 39.100.500 ptas.

Total de licitación: 147.503.200 ptas. IVE incluído, quedando condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: á totalidade de cada lote. Non se admiten variantes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: as entregas adaptaranse ás datas de finalización das obras dos centros de saúde.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 7-5-1998.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 14-5-1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 1: 912.004 ptas.

Lote nº 2: 614.260 ptas.

Lote nº 3: 641.790 ptas.

Lote nº 4: 782.010 ptas.

Licitando ós catro lotes: 2.950.064 ptas.

Definitiva:

Lote nº 1: 1.824.000 ptas.

Lote nº 2: 1.228.520 ptas.

Lote nº 3: 1.283.580 ptas.

Lote nº 4: 1.564.020 ptas.

Licitando ós catro lotes: 5.900.128 ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver folla de especificacións e prego de condicións técnicas. Os licitantes deberán cubri-la enquisa técnica que se achega co prego.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata 31 de decembro de 1998.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1º Deseño, calidade e condicións técnicas e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2º Prezo ofertado: 3 puntos.

3º Prazo de entrega: 2 puntos.

14. Se é o caso, prohibición de variantes.

15. Información complementaria.

16. Data da publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio da información logo de mención da súa non publicación.

17. Data de envío do anuncio: 23-4-1998.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado OPOCE).

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos

3007