Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.200

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade de educación infantil ó centro privado San José de Cluny, de Vigo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado San José de Cluny de Vigo no que solicita a ampliación dunha unidade de educación infantil.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola unidade técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante.

Esta dirección xeral, tendo en conta a disposición derradeira primeira da referida Orde do 20 de setembro de 1995,

RESOLVEU:

Autorizarlle a ampliación dunha unidade de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1998.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia de Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Gran Vía, 12.

Denominación: San José de Cluny.

Titular: Congregación de San José de Cluny.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 3.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 4.

3327