Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:
Que neste xulgado do meu cargo y baixo o número 159/1997 se segue xuízo de faltas sobre malos tratos e ameazas no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento, e decido:
Sentencia, en Santiago de Compostela, vinteoito de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.
Visto por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 159/1997, seguidos por malos tratos e ameazas, sendo parte denunciante Juana Fernández Sánchez, maior de idade; e como parte denunciada Manuel Trillo Sánchez, maior de idade, o Ministerio Fiscal mostrouse parte.
Decido, que debo absolver e absolvo a Manuel Trillo Sánchez, da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.
Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.
Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma á denunciante e denunciado en descoñecido paradoiro Juana Fernández Sánchez e Manuel Trillo Sánchez expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e oito.
O secretario
Rubricado
3062

