Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/77-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Porta dos Mariños.

Situación: municipio de Padrón.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380-220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 95, 50 e 25 mm Al, de 1.182 m de lonxitude, con orixe no C.T. Tarrío (expediente 33935) que discorre polos lugares da Baicua, Tarrío e A Belina. Muncipio de Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3111