Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31-5-1993) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:
Denominación da batea: F.O.A. nº 1.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal C, cuadrícula 4.
Data da concesión: 13-8-1975.
Data de finalización da última prórroga: 13-8-2005.
Anterior concesionario: Luciano Viturro Vidal e Dolores Suárez Castro.
Novo titular da concesión e batea: Mª del Carmen e Carlos Manuel Viturro Suárez.
O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.
A Coruña, 27 de marzo de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990)
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña
2989

