Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

CONVOCATORIA de concurso para a concesión da construcción e explotación dun estacionamento de vehículos na alameda do concello.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ribadavia. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adxudicación da xestión indirecta mediante concesión de:

a1. O uso privativo do subsolo da alameda do concello de Ribadavia, mediante a construcción dun aparcamento subterraneo.

a2. A execución das obras do aparcamento subterráneo e a xestión e explotación do servicio de aparcamento subterráneo.

b) Lugar de execución: concello de Ribadavia (Ourense).

c) Prazo de concesión: 50 anos (improrrogables).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: non se establece previamente e será proposto libremente polos concursantes.

5. Garantias.

Provisional: 500.000 pesetas.

Definitiva: (só adxudicatario).

a) Para responder da execución das obras: o 4% do importe do orzamento das obras (está garantía será devolta cando transcorra o prazo de garantía).

b) Para responder da xestión do servicio: 2.000.000 de pesetas, que se entenderán cuberta e presentada co documento que acredite a formalización dunha póliza de responsabilidade civil por importe de 20.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ribadavia. b) Domicilio: rúa Salgado Moscoso número 9. c) Localidade e código postal: Ribadavia, 32400. d) Teléfono: (988) 47 77 01.

e) Fax: (988) 47 71 01. f) Data límite de obtención de documentación: o trixésimo día (30 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se concidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o seguinte día hábil).

7. Requisitos específicos do contratista.

Os participantes na licitación deberán acreditar, con vixencia na data de terminación do prazo para presentar proposicións, que están en posesión da seguinte:

Clasificación de contratistas:

Grupo A, subgrupo 1, categoría D

Grupo C, subgrupos 2, 6 e 7, categoría D.

Grupo E, subgrupo 1, categoría D.

Grupo G, subgrupo 4, categoría D.

Grupo G, subgrupo 9, categoría D.

Grupo K, subgrupo 6, categoría B.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: o trixésimo día (30 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o seguinte día hábil).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada, presentarase consonte o establecido na cláusula undécima do prego das administrativas que rexen o concurso.

c) Lugar de presentación: os mesmos datos do punto 6.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día hábil seguinte o da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida en sábado, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día hábil posterior.

b) Hora. 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décimo segunda da contratación.

b) Consulta de documentación: nas dependencias municipais.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Ribadavia, 15 de abril de 1998.

Jaime Dávila Sánchez

Alcalde

3055