Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sidre, Silvares.
Situación: O Irixo.
Descricións técnicas: liña aérea de 20 kV de 1.216 m de lonxitude en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, con orixe nun apoio da L.M.T. proxectada ó C.T. de Souto e remate no C.T. proxectado de 50 kV aéreo 20.000/380-220 V en Sidre. Redes de B.T. no sector.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 20 de febreiro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
2922

