Esta consellería unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolveu anuncia-la convocatoria da contratación mediante concurso aberto e trámite de urxencia das obras que se citan:
1. Obxecto: intervención no conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, 3ª fase-rehabilitación da casa rectoral, embarcadoiro do catamarán e miradoiro-, en Paradela (Lugo).
2. Orzamento de licitación: 36.947.639 ptas. (trinta e seis millóns novecentas corenta e sete mil seiscentas trinta e nove pesetas) IVE incluído.
3. Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.
4. Prazo de execución: 4 meses
5. Clasificación requirida: grupo k, categoría d, subgrupo 7.
6. Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.
7. Prazo de presentación de proposicións: comenzará o día seguinte ó da publicación da presente
resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día hábil.
8. Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, indistintamente, no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, tendo que aterse ó disposto na cláusula 6.2, parágrafo segundo, do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.
10. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do día 15 de maio de 1998.
11. Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 1998.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo
3324

