En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter á información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación do areeiro Santa Mariña, situado no concello de Outeiro de Rei, provincia de Lugo.
Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.
* Concello de Outeiro de Rei.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de abril de 1998.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
3171

