En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.
Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 97/047, convocada por Resolución con data do 1 de outubro de 1997 (BOE do 25 de outubro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.
A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.
A Coruña, 8 de abril de 1998.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
ANEXO
Praza de: profesor titular de escola universitaria.
Área de coñecemento: expresión gráfica arquitectónica.
Praza número: 97/047.
Comisión titular:
Presidente: Gandullo Guerrero, Jesús, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.
Secretario: Pérez Roel, Rafael, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.
Vocais:
Herrerías Ocete, Rafael, catedrático de escola universitaria. Universidade de Granada.
Escoda Pastor, Carmen, profesora titular de escuela universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.
Macías González, Francisco, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Granada.
Comisión suplente:
Presidente: Raya Urbano, Juan Manuel, catedrático de escola universitaria. Universidade de Sevilla.
Secretario: Casabella López, Ramiro, profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.
Vocais:
Martínez Moreno, Antonio, catedrático de escola universitaria. Universidade de Sevilla.
Ugarte Fernández, Juan José, profesor titular de escola universitaria. Universidade Autónoma do País Vasco.
Puebla Pons, Juan, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.
3318

