Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 27 de abril de 1998 Páx. 4.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/48-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Cabeza de Vaca.

Situación: Barbadás.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 325 m de lonxitude, en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe no C.T. existente na caseta rural de Cabeza de Vaca e remate no C.T. proxectado, con 400 kVA, 20.000/380-220 V, na caseta de fábrica do predio fierro. Rede de B.T. no C.T. proxectado da caseta, predio fierro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 26 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2932