De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto
1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón dun prazo de 10 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas e conforme o artigo 13.2º do devandito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.
Expediente: secretaría 28/1998.
Denunciado: Carmen González Pais.
DNI: 76.599.595.
Último enderezo coñecido: estrada de Beba, s/n Mazaricos.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: poderá chegar ata a contía de 500.000 ptas.
A Coruña, 23 de marzo de 1998.
Diego Bernal Llorente
Delegado provincial da Coruña
3182

