Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 27 de abril de 1998 Páx. 4.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de convocatoria para cubrir prazas correspondentes á oferta de emprego público do ano 1997 e bases xerais e específicas.

No uso das facultades que me confire o Art. 41.14º a) do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, procedo a convoca-las probas selectivas para cubrir vacantes existentes no cadro de persoal, sendo as bases xerais e específicas aprobadas polo Pleno da Corporación Municipal en sesión do 2 de marzo de 1998, as seguintes:

Bases xerais.

A) Persoal funcionario.

I. Obxecto da convocatoria.

A provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Vigo do ano 1997, que se acordan ofertar e que son as seguintes:

Licenciado/a en dereito: 1 praza.

Psicólogo/a: 1 praza.

Diplomado/a en traballos sociais: 1 praza.

Administrativo/a de Administración xeral: 3 prazas.

Sarxento da policía local: 1 praza.

Sarxento do Servicio de Extinción de Incendios: 1 praza.

Cabo da policía local: 1 praza.

Garda da policía local: 12 prazas.

Conductor-bombeiro: 2 prazas.

II. Natureza e características.

En cada convocatoria específica indicaranse as prazas que se reservan para quendas distintas da libre.

III. Publicidade das convocatorias.

As convocatorias xunto coas súas bases publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no

taboleiro de edictos da casa do concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio no BOE e na prensa local.

IV. Condicións dos e das aspirantes.

a) Ser español/a.

Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea poderán acceder en idénticas condicións cás dos españois a aqueles sectores da función pública ós que, segundo o dereito comunitario, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

As reservas a aspirantes de nacionalidade española debidamente motivada faranse constar expresamente en cada convocatoria específica.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 55, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se estableza outra idade de xubilación distinta dos 65 anos ou unha idade máxima distinta para o ingreso.

c) Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias ou estar en condicións de obtela, na data que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que serán admitidas as persoas con minusvalidez en igualdade de condicións cós demais aspirantes.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas ou psíquicas salvo que veñan establecidas por lei ou que sexan incompatibles co desenvolvemento das tarefas ou funcións correspondentes.

Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou períodos de prácticas se estivesen previstos, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización. Os interesados deberán formula-la correspondente petición concreta na solicitude de participación.

Para resolver, os tribunais poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia. Nas convocatorias específicas deberá reservarse un 3% das vacantes como mínimo, tanto en quenda libre como en promoción interna, para seren cubertas entre persoas con discapacidade en grao igual ou superior ó 33%, sempre que superen as probas selectivas e que, antes do nomeamento acrediten o indicado grao de discapacidade e a súa compatibilidade co desempeño das funcións propias da praza.

e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

f) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

g) Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na Tesourería municipal do concello as cantidades seguintes en concepto de dereitos de exame: para prazas do grupo A e B, 4.120 ptas.; prazas dos grupos C, D, e E 2.315. ptas.

h) Calquera outro requisito que se fixe nas bases específicas de cada convocatoria.

No caso de que se trate de funcionarios/as de carreira deste concello, a anterior documentación substituirase por orixinal ou copia compulsada do título esixido para o acceso á praza e certificado expedido de oficio no que se faga constar que o interesado cumpre as condicións para participar esixidas na convocatoria e, en todo caso carta de pagamento dos dereitos de exame.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

Ademais, cando o sistema de selección sexa o de concurso-oposición ou de concurso, os aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo.

O tribunal poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustifica-los méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos soamente alegados.

Como excepción, se o mérito que se alega é ter prestado servicios no Concello de Vigo, bastará con face-lo constar en declaración xurada que se achegará xunto coa solicitude e na que figure a data ou datas de inicio e finalización dos servicios ó concello e o departamento, servicio ou unidade no que se prestaron.

Para a xustificación dos méritos a/o aspirante que deba achegar documentación proveniente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes da finalización do prazo de presentación de instancias, deberá presentar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración comprometéndose a presentala nos dous días seguintes a aquel no que lle fose expedida. En todo caso, non procederá a súa valoración senón fose achegada antes da data de valoración do concurso.

V. Presentación de solicitudes.

As instancias dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Vigo, e presentaranse no rexistro xeral no prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no BOE.

As instancias tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No rexistro xeral facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Na solicitude deberá facerse constar expresamente a quenda pola que se presenta o/a aspirante cando se convoque conxuntamente (libre, promoción interna ou reserva para aspirantes con discapacidade).

VI. Admisión.

Rematado o prazo de presentación de instancias a Alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión, así como o lugar e data de realización das probas e a designación do tribunal cualificador.

A resolución publicarase no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, e conterá a indicación de que as listas certificadas completas de admitidos/as e excluídos, encóntranse expostas ó público no taboleiro de edictos da corporación xunto coa composición do tribunal cualificador, concedéndose un prazo de 10 días, a partir do seguinte ó da publicación da resolución no BOP para a corrección por parte de quen fose excluído/a, dos defectos a que alude o Art. 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación de dita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

A dita lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo de reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, no mesmo lugar que a provisional, así como a resolución das solicitudes de abstención ou recusación, sen necesidade de novo anuncio nos diarios oficiais.

VII. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros, con voz e voto:

-Presidente: o da corporación ou membro daquela en quen delegue.

-Secretario: un funcionario/a con habilitación de carácter nacional ou de carreira da corporación, integrado na escala de Administración xeral, designado/a polo alcalde.

-Vocais: un representante designado pola Comunidade Autónoma. O xefe/a do servicio correspondente á especialidade ou técnico/a cualificado/a designado polo órgano convocante. Un ou unha representante do comité de persoal designado/a por aquel.

-Calquera outro/a que fose preceptivo nomear segundo a normativa vixente, e que se fará constar nas bases específicas.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos/as suplentes que serán designados/as xunto cos/coas titulares.

Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente, ou estar integrados/as no grupo de titulación que corresponda a aquela.

O tribunal poderá autoriza-la incorporación ás sesións dun asesor/a, con voz e sen voto, cando excepcionalmente se requira para a adecuada cualificación. Así mesmo na proba de coñecemento de idiomas oficiais da Comunidade Autónoma e na proba de coñecemento de idiomas oficias da Unión Europea, incorporarase ó tribunal como asesora a técnica de normalización linguística da corporación no primeiro caso, e un especialista na lingua da que se practique o exame no segundo caso.

O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas que se convocan, incorréndose en caso contrario en nulidade de pleno dereito.

Tódalas actuacións do tribunal publicaranse no taboleiro de edictos da corporación e no de anuncios do lugar onde se leven a cabo as probas.

Os membros do tribunal e os asesores que se poidan designar por aquel, que asistan ás sesións percibirán axudas de custo por asistencia na contía legalmente establecida. Para tal efecto as categorías dos tribunais serán as seguintes:

1ª. Selección de funcionarios/as do grupo A.

2ª. Selección de funcionarios/as do grupo B.

3ª. Selección de funcionarios/as do grupo C.

4ª. Selección de funcionarios/as do grupo D.

5ª. Selección de funcionarios/as do grupo E.

VIII. Comezo dos exercicios.

O comezo dos exercicios deberá anunciarse con 15 días de antelación no BOP e no taboleiro de edictos da corporación; a data de inicio das probas atrasarase para cumpri-lo mencionado prazo, se fose preciso.

Os exercicios e probas practicaranse en chamamento único.

Nos concurso-oposicións comezarase pola fase de concurso, reuníndose o tribunal coa antelación necesaria para que se cumpra a data dos exercicios e probas.

A cualificación da fase de concurso e dos exercicios da oposición así como a relación de aprobados por orde de puntuación, publicaranse no taboleiro de edictos e no de anuncios do lugar onde se realicen.

IX. Sistemas de selección.

Con carácter xeral establécese o concurso-oposición, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outro sistema.

1. Fase de concurso:

Para a cualificación da fase de concurso rexerá o seguinte baremo de méritos, salvo que legalmente se esixa outro:

a) Coñecemento e experiencia profesional:

Valorarase con 0,20 puntos por mes, ata un máximo de 2 puntos. Deberase acreditar que corresponden a funcións propias da praza á que se aspira, e acreditaranse con certificación de servicios prestados; ou con contrato de traballo inscrito no INEM e certificación da Seguridade Social se os servicios se prestaron en empresas privadas, nos que se poida comprobar que as funcións ou tarefas realizadas se correspónden coas da praza.

b) Por participación en cursos impartidos polo Instituto de Estudios da Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública ou calquera outro organismo competente para impartilos, incluído o concello, relacionados coas funcións propias da praza á que se aspira:

-Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.

-Por cada curso no que non se especifique a duración: 0,10 puntos.

A puntuación máxima por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a ser valorados.

Tamén se valorarán os cursos impartidos por organismos ou empresas privadas, por encargo dun organismo oficial dos anteriormente sinalados, sempre que o diploma ou certificado de asistencia sexa expedido por este último.

c) Titulacións ou certificados de estudios que teñan relación coas funcións da praza.

-Por cada título ou certificado de estudios expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia, excluído o necesario para o acceso á praza e os que serviron para obte-los superiores que se alegan como mérito: 1 punto, se son superiores ós do grupo de titulación da praza; 0,50 puntos se son do mesmo nivel.

-Por cada título ou certificado de estudios expedido por outros organismos oficiais cos mesmos requisitos anteriores: 0,50 puntos.

Deberá acreditarse de maneira que faga fe que a duración dos estudios necesarios para obte-lo título ou certificado académico é como mínimo dun curso académico ou no seu defecto, nove meses.

A puntuación por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

2. Fase de oposición.

Salvo que por disposición legal, regulamentaria ou nas bases específicas se dispoña outra cousa, a fase de oposición constará de 2 exercicios, un teórico e outro práctico.

O exercicio teórico realizarase con carácter xeral por escrito. Así mesmo o tribunal poderá acorda-la lectura dos exercicios polos/as aspirantes unha vez finalizada a súa realización, sempre en sesión pública.

A forma de practicarse o exercicio será acordada polo tribunal en cada caso en función das características da praza e o previsto nas bases específicas de cada convocatoria.

No exercicio práctico o tribunal poderá propoñe-los casos prácticos que considere convenientes, sempre relacionados coas materias do temario específico, e segundo a eles establece-la súa duración, sen prexuízo do que se estableza nas bases específicas.

A solución dos casos prácticos, ou cando menos os criterios para a súa valoración deberán ser fixados polo tribunal antes de iniciarse o exame e constar na correspondente acta.

Ademais realizarase unha proba de coñecemento de idioma galego, que fixará o tribunal atendendo á categoría e funcións da praza, sen prexuízo do establecido regulamentariamente ou nas bases específicas de cada convocatoria

Por último, para as prazas que se indiquen en cada convocatoria específica realizarase, unha proba voluntaria de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas. Só poderán elixirse 4 como máximo.

A proba consistirá nunha traducción dun texto en castelán ó idioma ou idiomas elixidos, sen axuda de diccionario.

A participación nesta proba deberá solicitarse na propia instancia, indicando o idioma ou idiomas dos que solicita examinarse o/a aspirante. Sen este requisito non se lle permitirá a participación no exame.

Os exercicios teórico e práctico cualificaranse cun máximo de 10 puntos cada un, quedando eliminado o/a aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

A proba de coñecemento de idioma galego, cualificarase cun máximo de 2 puntos.

A/o aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que celebre o concello, co fin de obte-la debida capacitación.

A proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas con lingua vernácula, cualificarase con 0,50 puntos por idioma, cun máximo de 2 puntos.

A puntuación de cada aspirante nos diferentes exercicios será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros do tribunal asistente á sesión. Non se valorarán a puntuación máis alta e a máis baixa (só unha delas en caso de empate), sempre que entre elas exista unha diferencia de 3 puntos como mínimo.

Segundo o grupo ó que pertenzan as prazas, o número de temas será como mínimo o seguinte:

-Grupo A: 90 temas.

-Grupo B: 60 temas.

-Grupo C: 40 temas.

-Grupo D: 20 temas.

-Grupo E: 10 temas.

No temario deberán figura-los temas a que fai referencia o R.D. 896/1991, do 7 de xuño.

Se os exames non fosen corrixidos ó remate da proba, introduciranse nun sobre que se pechará e selará, asinando sobre o precinto tódolos membros do tribunal presentes, así como o mesmo número de aspirantes elexidos ó chou. O sobre quedará baixo a custodia do secretario/a para a súa apertura ó inicio da sesión na que se corrixan.

A orde de puntuación dos membros do tribunal será o seguinte: primeiro, o técnico/a do concello; segundo, o/a representante da Comunidade Autónoma; terceiro, o/a representante do comité de persoal; cuarto, o secretario/a e quinto o presidente.

Os membros do tribunal só poderán cualifica-los exames daqueles aspirantes ós que corrixan o exame, ou presencien a súa lectura, se é o caso.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e en cada un dos exercicios da oposición, servirán para establece-la relación de aprobados por orde de puntuación.

A puntuación obtida polo/a aspirante na fase de concurso non poderá exceder do 40% do total que obtivese, rebaixándose cando fose preciso para non exceder de dito tope.

No caso de empate, o desempate resolverase a favor do/a aspirante con maior puntuación na fase de oposición; de persisti-lo empate polo que obtivese maior puntuación polo apartado de coñecementos ou experiencia profesional; se seguise persistindo o empate, a persoa de maior idade.

Naqueles exercicios en que sexa preciso establecer unha orde de actuación dos/as aspirantes, o tribunal antes do primeiro exercicio da oposición e en sesión pública, efectuará o sorteo para establece-la devandita orde.

X. Calendario preciso para a realización das probas.

Para o seu inicio aplicarase o disposto na base VIII.

Entre a celebración de cada un dos exercicios da oposición (excluídos os non eliminatorios), deberá transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.

XI. Quenda de promoción interna.

A selección por esta quenda rexerase polas mesmas bases que na quenda libre coas seguintes especialidades:

1. A promoción interna consiste no ascenso do persoal dun grupo inferior a un grupo superior dentro da mesma escala; dunha categoría a outra, dentro do mesmo grupo. Tamén o cambio de escala dentro do mesmo grupo, sempre que se trate de prazas de contido similar e se faga constar nas convocatorias específicas.

2. Réxime de promoción interna:

a) Os/as aspirantes -o persoal municipal que non se atope en situación administrativa de suspensión firme- deberán estar en posesión da titulación esixible legalmente para o acceso á praza ou cumpri-los requisitos que legalmente se autorice que a substituán e contar cunha antigüidade de cando menos dous anos no corpo ou escala á que pertenzan o día da finalización do prazo de presentación de instancias.

b) As prazas que non se cubran por esta quenda, acumularanse ás de quenda libre, e o persoal poderá presentarse a ámbalas dúas.

c) Establécese como sistema de promoción o concurso-oposición, salvo que por imperativo legal se esixa outro.

d) Na fase de concurso rexerá o seguinte baremo, salvo que legalmente se esixa outro:

1. Antigüidade. Por cada ano ou fracción integrado no grupo ou escala de orixe: 0,50 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

2. Cursos de formación e perfeccionamento. Pola participación en cada curso relacionado coas funcións que se van desenvolver, impartido polo Instituto Nacional da Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública ou calquera outro centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados polo concello:

-Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.

-Por cada curso no que non se especifique a duración: 0,10 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a poder ser valorados. Tamén se valorarán os cursos impartidos por organismos ou empresas privadas, por encargo dun orga

nismo oficial, sempre que o diploma ou certificado de asistencia sexa expedido por este último.

3. Titulacións académicas. Por estar en posesión de titulación superior á esixida para o acceso á praza: 1 punto.

4. Coñecemento do idioma galego.

-Por supera-lo curso de iniciación: 0,25 puntos.

-Por supera-lo curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa básica: 0,65 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa media: 0,80 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa superior: 1 punto.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

5. Ó/Á aspirante que non acredite ter realizado ningún dos anteriores cursos, efectuaráselle un exame que se valorará cun máximo de 0,25 puntos, salvo nas prazas do corpo da policía local que se valorará cun máximo dun punto.A proba celebrarase despois da fase de concurso e antes de iniciarse o de oposición, para o que se convocará ós aspirantes que non presenten certificación de contar con ningún curso de lingua galega a través do taboleiro de anuncios.

e) Fase de oposición.

Aplicaranse as mesmas previsións que na quenda libre.

Con carácter xeral o temario dos exercicios será igual para a quenda libre e promoción interna. Non obstante, sen quebra dos principios de mérito e capacidade, os exercicios dos aspirantes por esta quenda estarán dirixidos preferentemente a comproba-lo coñecemento da praza á que se aspira promocionar podéndoselles dispensar ós/ás aspirantes dalgúns temas de carácter xeral, atendendo a razóns de especialización e coñecementos profesionais demostrados ou acreditados no desempeño das súas funcións, ou en anteriores exames para ingreso na Administración ou anteriores promocións, o que se deberá facer constar expresamente nas convocatorias específicas.

Por esta quenda non se realizarán exames de coñecemento de idioma galego ou doutros idiomas.

Os/as aspirantes provenientes desta quenda terán preferencia para elixir destino.

XII. Presentación de documentos.

Tendo en conta que as/os aspirantes para tomar parte nas probas selectivas só precisan manifestar na súa instancia que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base IV anterior -salvo a carta de pago dos dereitos de exame e os documentos que xustifiquen os méritos que deban ser tidos en

conta na fase de concurso- os/as aspirantes propostos/as para ocupa-las prazas convocadas presentarán na Secretaría Xeral (Unidade de Persoal), dentro do prazo de 20 días naturais contados desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos que xustifiquen as condicións de capacidade e demais requisitos contidos na base IV.

A xustificación das condicións dos aspirantes acreditaranse coa seguinte documentación: as dos apartados a) e b) mediante fotocopia do DNI ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de estranxeiros, debidamente compulsados por ámbolos dous lados; a do apartado c) con copia do título oficial ou no seu defecto resgardo de ter efectuado o depósito para obtelo (no caso de titulacións expedidas por organismos estranxeiros deberá acompañarse certificación do Ministerio de Educación e Ciencia na que se faga consta-la súa equivalencia coa esixida para o acceso); a do apartado d) deberá acreditarse con certificado médico oficial, sen prexuízo de que a Alcaldía poida acordar que ó/á aspirante se lle practique un recoñecemento médico coa amplitude necesaria para acreditar que non padece enfermidade ou defecto físico que lle impida o desenvolvemento das funcións do cargo; as dos apartados e) e f) con declaración xurada para o efecto.

Se dentro do prazo indicado, e salvo causa de forza maior, as/os aspirantes propostos non presentasen a documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer por falsidade.

Quen tivese a condición de funcionario/a público/a está exento/a de presenta-la documentación acreditativa de condicións e requisitos xa acreditados, substituíndoa por un certificado para o efecto do organismo no que prestou os seus servicios.

XIII. Período de prácticas e cursos selectivos.

Nas convocatorias específicas poderase establecea-la realización dun período de prácticas ou un curso selectivo por parte dos/as aspirantes aprobados, durante o cal serán nomeados /as funcionarios/as en prácticas.

Por resolución motivada do órgano convocante os/as aspirantes que non superen o período de prácticas ou curso selectivo, de acordo co procedemento de cualificación previsto na convocatoria, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Poderán incorporarse, en todo caso, ó curso inmediatamente seguinte que se realice coa puntuación asignada ó último dos participantes naquel. De non superalo tampouco, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

XIV. Nomeamento.

Finalizado o proceso selectivo e o período de prácticas ou curso selectivo, se é o caso, os/as que o

superen serán nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Os nomeamentos deberán publicarse no BOE.

Que non poida ser nomeado funcionario/a de carreira por falta de vacante orzamentaria quedará en situación de expectativa de nomeamento, será nomeado funcionario/a de carreira con ocasión de vacante.

XV. Toma de posesión.

Os nomeamentos notificaránselle ós interesados/as para que tomen posesión no prazo dun mes. Quen non o faga sen causa xustificada será declarado en situación de cesante.

Previamente deberán xura-lo cargo na forma establecida no Art. 1 do R.D. 707/1979, do 5 de abril.

Na dilixencia de toma de posesión, farase consta-la manifestación do/a interesado/a de non vir desempeñando ningún posto ou actividade no sector público e que non realiza actividade privada incompatible ou suxeita a recoñecemento de compatibilidade, así como non atoparse percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade, por dereitos pasivos ou por calquera réxime da Seguridade Social, público e obrigatorio.

Se a persoa interesada estivese percibindo algunha pensión, a súa percepción quedará en suspenso durante o tempo que dure o desempeño do cargo. Se estivese desempeñando outro compatible co novo, terá que optar por un deles dentro do prazo de toma de posesión. Se se tratase de cargos susceptibles de compatibilidade, deberá instalar nos dez primeiros días de prazo de toma de posesión, entendéndose este prorrogado en tanto recae resolución.

XVI. Incidencias.

As convocatorias e as súas bases e cantos actos administrativos se deriven destas e da actuación dos tribunais poderán ser impugnadas polas e polos interesados nos casos, termos e forma que prevé a Lei de procedemento administrativo.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da selección.

B) Persoal laboral.

Rexerán as bases do persoal funcionario coas seguintes modificacións:

a) Modifícase a base I, que queda redactada así:

I. Obxecto da convocatoria.

A provisión de postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Vigo, que se acorda ofertar no ano 1997 a través de convocatoria pública e que son as seguintes:

1) Corporación:

-Capataz de vías e obras: 1 posto.

-Capataz de desinfección: 1 posto.

-Oficial sepultureiro: 4 postos.

-Oficial albanel: 2 postos.

-Oficial electricista: 1 posto.

-Oficial desinfector: 1 posto.

2) Organismo autónomo municipal Vigo-Zoo.

-Director administrativo: 1 posto.

b) Na base IV substitúese o apartado b) por:

«b)Ter cumpridos 18 anos ou 16 sempre que o menor viva de forma independente, con consentimento dos seus pais ou titores, ou, con autorización de persoa ou institución que os teña ó seu cargo».

c) Modifícase a base VII, que queda redactada así:

VII. Tribunal cualificador:

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:

-Presidente: o da corporación ou concelleiro/a en quen delegue.

-Secretario: funcionario/a con habilitación de carácter nacional ou de carreira da corporación, integrado/a na escala de Administración xeral, con titulación igual ou superior á prevista para o desempeño do posto e que será designado/a polo alcalde.

-Vocais: dous membros designados pola corporación. Catro representantes do comité de persoal e o xefe/a do servicio correspondente á especialidade.

Xunto cos titulares designaranse os respectivos suplentes.

Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás o secretario/a, que só contará con voz.

O tribunal poderá autoriza-la presencia dun asesor/a, con voz e sen voto. Ademais poderá autorizarse a participación doutro na proba de coñecemento de idiomas oficiais, experto no idioma correspondente ó exercicio.

O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó de postos convocados.

En canto á actuación do tribunal e axudas de custo por asistencia, aplicaranse as mesmas previsións que para os tribunais de selección de persoal funcionario.

d) As bases XII e XIV, substitúense pola seguinte:

XII. Contratación.

Unha vez aprobada a proposta polo órgano competente, notificaráselles ós/ás interesados/as para que subscriban os seus contratos laborais-fixos no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación do acordo.

Quen non o subscriba no citado prazo perderá o dereito a acceder ó posto de traballo.

Previamente deberan ter presentada na Oficina de Persoal, toda a documentación esixida na base IV, no prazo máximo de 20 días naturais contados a partir da publicación da lista de aspirantes aprobados/as no taboleiro de anuncios.

No contrato farase consta-la manifestación da persoa interesada de non estar desempeñando ningún posto ou actividade no sector público, e que non realiza actividade privada remunerada, así como que non percibe pensión de xubilación, retiro ou orfandade por dereitos pasivos de calquera réxime da Seguridade Social público e obrigatorio.

Así mesmo, tódalas referencias que nas bases para cubrir prazas de funcionarios/as se efectuén a persoal funcionario entenderanse referidas a persoal laboral e as que se fagan a grupo de titulación a equiparado ó grupo de titulación.

Base xeral para todo o persoal.

En virtude da equiparación do persoal funcionario e laboral prevista no vixente acordo regulador de condicións económicas e sociais do persoal ó servicio do Concello de Vigo e da existencia de persoal funcionario e laboral con cargo ás mesmas prazas, todo o persoal que ocupe unha praza, calquera que sexa a súa condición, poderá participar cos mesmos dereitos nas probas selectivas derivadas desta oferta, sen prexuízo de conserva-la súa condición actual a título persoal a extinguir.

ANEXO

Salvo que nas bases específicas se indique outra cousa, existirá un grupo de temas comúns para tódalas probas derivadas da oferta, segundo o grupo de titulación -ou a súa equivalencia no caso do persoal laboral-, e que serán 18 temas para o grupo A, 12 temas para o grupo B, 8 temas para o grupo C, 4 temas para o grupo D, e 3 temas para o grupo E, tal como se enumeran de seguido:

Grupo A.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Os poderes do Estado. A división de poderes. A coroa.

Tema 4. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 5. Formas de actuación administrativa: fomento, policía e servicio público.

Tema 6. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 7. A Unión Europea: nacemento e fase da súa evolución. Exame xeral da Acta de Adhesión

de España á Unión Europea. Tratado da Unión Europea.

Tema 8. O ordenamento xurídico comunitario. As súas fontes. Relación co dereito interno dos estados. As liberdades básicas do sistema comunitario, libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 9. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 10. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 11. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 12. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 13. Organización municipal.

Tema 14. Competencias municipais.

Tema 15. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 16. O procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.

Tema 18. Ordenanzas e regulamentos. Procedemento de elaboración. Os bandos.

Grupo B.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 4. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 5. Significado da Unión Europea. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 6. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 7. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 8. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 9. Organización e competencias municipais.

Tema 10. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 11. O procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 12. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.

Grupo C.

Tema 1. Referencia ós principios xerais e contido da Constitución Española de 1978 e do Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 2. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 3. Significado da Unión Europea. As súas institucións. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 4.A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 5. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 6. Organización e competencias municipais.

Tema 7. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 8. O procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Grupo D.

Tema 1. Referencia ós principios xerais e contido da Constitución española de 1978 e do Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 2. O municipio: concepto e elementos. Breve referencia á organización e competencias municipais.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 4. O procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Grupo E.

Tema 1. Breve referencia ó significado da Constitución e ó Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 2. O municipio: concepto e elementos. Breve referencia á organización e competencias municipais.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

O Tema 3 para os grupos D e E, no caso de que se trate de probas para seleccionar persoal laboral substituirase polo seguinte:

Tema 3. Dereitos e deberes dos traballadores segundo o estatuto. Faltas e sancións, procedemento sancionador do persoal laboral segundo o acordo regulador de condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo (BOP nº 193, do 6 de outubro de 1995).

Bases específicas:

1. Licenciado en dereito.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A; escala, Administración especial; subescala, técnica; clase, superior. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo A, e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza do/a aspirante.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de licenciado en dereito.

V. Exercicios da oposición.

Constará de dous exercicios: un teórico e outro práctico, ademais dunha proba de coñecemento de idioma galego e doutra de coñecemento de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas.

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio.

Consistirá en contestar por escrito durante un tempo máximo de 2 horas a 4 temas elixidos ó chou, dos que figuran como anexo a estas bases específicas. Un de cada un dos apartados do temario.

Segundo exercicio.-De carácter igualmente obrigatorio. Consistirá en desenvolver por escrito, dous supostos prácticos que proporá o tribunal, inmediatamente antes do comezo do exercicio, sobre aspectos concretos dos temas que integran o programa, de conformidade co previsto na base IX das xerais.

Terceiro exercicio.-De carácter igualmente obrigatorio, aínda que o non superalo, non impedirá o nomeamento.

Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base IX das xerais.

Cuarto exercicio.-Voluntario. Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, previsto na base IX das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base IX das xerais.

ANEXO

Temario

(Non lle son de aplicación os do grupo

incluídos como anexo as bases xerais)

Primeira parte.-Dereito político, constitucional e administrativo xeral.

Tema 1. Teoría do Estado. Xustificación e fin do Estado. Elementos do Estado. Formas de Estado.

Tema 2. Funcións do Estado. A división de poderes.

Tema 3. Formas de Goberno.

Tema 4. A Constitución española de 1978. Principios constitucionais. Os dereitos fundamentais na Constitución española. A protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais e liberdades públicas.

Tema 5. A Coroa na Constitución española. O Tribunal Constitucional. Composición e competencias. O recurso de amparo.

Tema 6. O poder lexislativo. As Cortes Xerais: composición e funcionamento. O Tribunal de Contas. O Defensor do Pobo.

Tema 7. O Poder Xudicial e a súa regulación constitucional. O Consello Xeral do Poder Xudicial. Planta e organización de xulgados e tribunais. Principais competencias dos órganos xurisdiccionais.

Tema 8. O Goberno da nación: regulación constitucional. Composición e funcións. Relación cos outros poderes. A Administración do Estado central e periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 9. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas: organización e competencias. Os estatutos de autonomía. Especial consideración do Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 10. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 11. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 12. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 13. A Unión Europea: nacemento e fase da súa evolución. Exame xeral da Acta de Adhesión de España á Unión Europea. Tratado da Unión Europea.

Tema 14. O ordenamento xurídico comunitario. As súas fontes. Relación co dereito interno dos estados. As liberdades básicas do sistema comunitario, libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 15. A Administración pública. Goberno e Administración. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de persoas xurídico-públicas.

Tema 16. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público.

Tema 17. O regulamento. Concepto e clases. Procedemento de elaboración. Límites da postestade regulamentaria. Inderrogabilidade singular dos regulamentos.

Tema 18. O acto administrativo. Concepto e clases. Requisitos: producción, contido, motivación e forma. Eficacia dos actos administrativos. Obriga de resolver e actos presuntos.

Tema 19. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio e recursos administrativos ordinario e extraordinario; reclamacións previas á vía xudicial. A execución dos actos administrativos, motivos da súa suspensión.

Tema 20. O procedemento administrativo común. Principios xerais e competencia segundo a Lei 30/1992. Os interesados.

Tema 21. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e finalización.

Tema 22. A xurisdicción contencioso-administrativa. Extensión e límites. As partes no proceso. Procedemento. As sentencias e a súa execución. Recursos contra as sentencias.

Tema 23. As formas da acción administrativa: fomento, policía administrativa e servicio público.

Tema 24. A responsabilidade das administracións públicas: principios, indemnizacións e procedemen

tos. A responsabilidade das autoridades e persoal ó servicio das administracións públicas.

Tema 25. Os órganos colexiados. Abstención e recusación. Principios das relacións entre as administracións públicas.

Segunda parte.-Dereito administrativo local.

Tema 1. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 2. O municipio. Historia. Clases de entes municipais no dereito español.

Tema 3. O termo municipal. A poboación municipal. Consideración especial do veciño. O empadronamento municipal.

Tema 4. Organización e competencias municipais.

Tema 5. Réxime de sesións e acordos dos órganos colexiados locais.

Tema 6. Mancomunidades. Agrupacións. Outras estructuras supramunicipais.

Tema 7. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos.

Tema 8. Autonomía municipal e tutela.

Tema 9. A función pública local e a súa organización.

Tema 10. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Dereito de sindicación. Seguridade Social.

Tema 11. Réxime disciplinario dos funcionarios da administración local. O procedemento sancionador.

Tema 12. Os bens das entidades locais. Réxime de utilizacións dos de dominio público

Tema 13. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada.

Tema 14. As licencias. Natureza xurídica. Réxime xurídico e procedemento de outorgamento. O condicionamento das licencias.

Tema 15. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 16. As empresas municipais. Os consorcios.

Tema 17. Os contratos administrativos na esfera local.

Tema 18. Facendas locais: clasificacións dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 19. Exaccións locais.

Tema 20. Réxime xurídico do gasto público local.

Tema 21. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

Tema 22. Competencias locais en materia de prestación de servicios sociais e de promoción e reinserción social.

Tema 23. Participación dos concellos na xestión da atención primaria da saúde, na programación do ensino e na vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria.

Tema 24. Competencias municipais e colaboración con outras administracións en actividades culturais, deportivas, ocupación do tempo libre e turismo.

Terceira parte.-Problemática da muller desde o punto de vista xurídico.

Tema 1. Os centros municipais de información dos dereitos da muller. Equipo multidisciplinar. Obxectivos. Funcións. Coordinación.

Tema 2. Información, asesoramento e intervención xurídica nos centros municipais de información dos dereitos da muller. Contidos. Funcións. Avaliación.

Tema 3. Casa de acollida de mulleres maltratadas. Obxectivos. Asesoramento e intervencións xurídicas. Avaliación.

Tema 4. Malos tratos no ámbito doméstico. Tipoloxía. Aspectos, efectos e solucións desde a intervención xurídica.

Tema 5. Violencia contra menores. Tipoloxía. Aspectos xurídicos da intervención. Prevención.

Tema 6. Delictos contra a liberdade sexual da muller: intervención e asesoramento xurídico. O acoso sexual. Normativa comunitaria.

Tema 7. A crise matrimonial: efectos e vías legais de solución.

Tema 8. Exame sobre a situación da muller nos casos de unión de feito e desenvolvemento das solucións xurídicas.

Tema 9. Aspectos xurídicos da problemática específica da muller no eido laboral e análise da lexislación de aplicación.

Tema 10. Análise e exposición das problemáticas especiais das mulleres solteiras, separadas, divorciadas e viúvas. Intervención no campo xurídico na busca da súa solución.

Tema 11. A filiación. Tipos. Concepto.

Tema 12. Réximes económicos matrimoniais. Repercusión socioeconómica.

Tema 13. As medidas provisionais e coetaneas nos procesos matrimoniais.

Tema 14. Adopción. Acollemento. Tutela.

Tema 15. Tramitación dos procesos de separación e divorcio: proceso consensuado e proceso contencioso.

Tema 16. I Plan de igualdade de oportunidades e trato para as mulleres de Vigo. A situación social do colectivo feminino en Vigo.

Tema 17. Os plans de igualdade de oportunidades para as mulleres de ámbito autonómico. Os plans de igualdad de oportunidades do Instituto da Muller.

Tema 18. Normativa comunitaria en materia de igualdade de trato. Programas comunitarios de desenvolvemento da igualdade da muller.

Tema 19. Orientacións da ONU e doutros organismos internacionais en material de igualdade de trato. Cuarta conferencia mundial da muller de Pequín. Orientacións.

Tema 20. Dereito comparado no dereito de familia.

Cuarta parte.-Dereito civil, penal e procesual.

Tema 1. Título preliminar do Código Civil: das normas xurídicas, a súa aplicación e eficacia.

Tema 2. Nacemento e extinción da personalidade das persoas físicas. O domicilio.

Tema 3. O matrimonio. As parellas de feito.

Tema 4. Paternidade e filiación. Alimentos entre parentes.

Tema 5. As relacións paterno-filiais. A ausencia.

Tema 6. Da tutela, a curatela e a garda dos menores incapacitados. A maior idade e a emancipación. O Rexistro do Estado Civil.

Tema 7. Os testamentos: as súas clases.

Tema 8. A herdanza. A sucesión intestada. Da orde de suceder segundo a diversidade de liñas.

Tema 9. Disposicións comúns do Código Civil das herdanzas por testamento ou sen el. A colación e partición.

Tema 10. Os delictos e as faltas: aspectos xerais. As persoas responsables.

Tema 11. As penas, medidas de seguridade e demais consecuencias da infracción penal.

Tema 12. Delictos contra a liberdade.

Tema 13. Delictos contra a liberdade sexual.

Tema 14. Delictos contra as relacións familiares.

Tema 15. Aborto, lesións ó feto. Delictos relativos á manipulación xenética.

Tema 16. As faltas: concepto e clases.

Tema 17. A xurisdicción ordinaria. Xuízos declarativos: xuízo verbal, cognición, menor contía e maior contía.

Tema 18. Partes no proceso civil. Procedemento. Recursos contra sentencias.

Tema 19. O xuízo penal: o sumario, o xuízo oral.

Tema 20. Os procedementos especiais do libro cuarto da Lei de enxuizamento criminal.

Tema 21. Procedemento de execución das sentencias civis e penais.

2. Psicólogo.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A; escala, Administración especial; subescala, técnica; clase, superior. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo A, e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza do/a aspirante.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de licenciado en psicoloxía.

V. Exercicios da oposición.

Constará de dous exercicios: un teórico e outro práctico, ademais dunha proba de coñecemento de idioma galego e doutra de coñecemento de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas.

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio.

Consistirá en contestar por escrito durante un tempo máximo de 2 horas a 4 temas elixidos ó chou, dos que figuran como anexo a estas bases específicas; un dos temas corresponderá ó temario común para o grupo A de titulación que figura como anexo ás bases xerais e os outros 3 ó temario específico que figura como anexo a estas bases.

Segundo exercicio.-De carácter igualmente obrigatorio. Consistirá en desenvolver por escrito, dous supostos prácticos que proporá o tribunal, inmediatamente antes do comezo do exercicio, sobre aspectos concretos dos temas que integran o programa, de conformidade co previsto na base IX das xerais.

Terceiro exercicio.-De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base IX das xerais.

Cuarto exercicio.-Voluntario. Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, previsto na base IX das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base IX das xerais.

ANEXO

Temas específicos

Tema 1. Sistema público de servicios sociais. Territorialización, desconcentración e descentralización.

Tema 2. Planificación e organización dos servicios sociais.

Tema 3. Programación social: criterios e pautas. Proxectos de traballo social: deseño e elaboración. Avaliación.

Tema 4. O traballo en equipo. Interdisciplinariedade en servicios sociais.

Tema 5. Centros de servicios sociais: estructura, análise de funcións e organigrama.

Tema 6. Métodos de investigación social. Observación, entrevista, etc. Estudio. Investigación Diagnóstico.

Tema 7. A acción social a nivel municipal. Principios básicos. Programas municipais de servicios sociais.

Tema 8. Servicios persoais e benestar social. Compactación.

Tema 9. Movementos sociais urbanos.

Tema 10. Psicoloxía comunitaria: definición e características.

Tema 11. Papel do voluntariado no desenvolvemento social. Apoio social.

Tema 12. Os centros municipais de información dos dereitos da muller. Equipo multidisciplinar. Obxectivos. Funcións. Coordinación.

Tema 13. Información, asesoría e intervención psicolóxica nos centros de información dos dereitos da muller. Contidos. Funcións. Avaliación.

Tema 14. Casa de acollida de mulleres maltratadas. Obxectivos. Funcións de asesoramento e apoio psicolóxico. Avaliación.

Tema 15. Malos tratos no ámbito doméstico. Tipoloxía. Criterios de intervención.

Tema 16. A violencia contra a muller. Tipoloxía. Agresións sexuais. Criterios de intervención.

Tema 17. Interrupción voluntaria do embarazo. Causas. Repercusións. Prevención.

Tema 18.A violencia contra os menores no ámbito doméstico. Tipoloxía. Aspectos psicolóxicos da intervención e das medidas preventivas.

Tema 19. O traballo en grupo con mulleres e menores. Técnicas de dinámica de grupos.

Tema 20. A entrevista. Concepto. Tipos. Características.

Tema 21. O informe psicolóxico. Aspectos xerais. Tipos de informes. Peritaxes.

Tema 22. Servicios sociais e muller. Intervencións para a igualdade de oportunidades e trato. Recursos institucionais para mulleres.

Tema 23. Aspectos evolutivos da estructura familiar. Novas tipoloxías de familia. A problemática da muller e a protección social.

Tema 24. Mediación familiar. Concepto. Tipos. Obxectivos. Intervención.

Tema 25. A problemática das mulleres responsables de familias monoparentais. A crise da ruptura familiar. Deseño de intervencións de apoio.

Tema 26. A educación para a saúde. A educación sexual.

Tema 27. O traballo doméstico e reparto de responsabilidades. Conciliación da vida laboral e familiar. Programas e recursos.

Tema 28. Normativa comunitaria en materia de igualdade de trato. Programas comunitarios de desenvolvemento da igualdade da muller.

Tema 29. Orientacións da ONU e doutros organismos internacionais en materia de igualdade de trato. Cuarta conferencia mundial da muller de Pequín. Orientacións.

Tema 30. I Plan de igualdade de oportunidades e trato para as mulleres de Vigo. A situación social do colectivo feminino en Vigo. Asociacionismo da muller.

Tema 31. Os plans de igualdade de oportunidades para as mulleres de ámbito autonómico. Os plans de igualdade de oportunidades do Instituto de la Mujer.

Tema 32. Saúde comunitaria: definición e características.

Tema 33. Saúde mental comunitaria: definición e características. Saúde mental positiva.

Tema 34. As actividades socioculturais.

Tema 35. A educación de adultos: definición e características. Teoría da educación de adultos. Androgoxía.

Tema 36. Crecemento poboacional. Urbanización. Envellecemento. Movemento natural da poboación: natalidade, fecundidade, nupcialidade e mortalidade. Taxas.

Tema 37. O vínculo social: natureza do mesmo. Interacción: tipos.

Tema 38. O proceso de socialización. A persoa social. Normas e valores.

Tema 39. Roles e status. Determinantes e tipos.

Tema 40. Agregados sociais. Grupos e asociacións. Categorías e conglomerados.

Tema 41. A dimensión comunitaria. A familia e os sistemas sociais consanguíneos.

Tema 42. A cultura. Sociedade e sociedades. Institucións.

Tema 43. O cambio social e as sociedades modernas. Natureza e fondos. Mobilidade.

Tema 44. O conflicto social. Teorías. Conformidade, desviación e anomia. Control social.

Tema 45. A economía: división do traballo e desigualdade social.

Tema 46. Individuo e grupo. Concepto de grupo, estructura, desenvolvemento. Contorno físico e persoal.

Tema 47. Actitudes: concepto. Cambio de actitudes. Medición de actitudes.

Tema 48. Liderato: definición. Estilos de liderato.

Tema 49. A comunicación: presupostos teóricos. Interacción social.

Tema 50. A comunicación non verbal. Tipos. Estudios. A comunicación de masas, propaganda e persuasión.

Tema 51. Prexuízos, discriminación e movementos de liberación.

Tema 52. Agresión e violencia. Teorías da agresión.

Tema 53. Atracción interpersoal. Concepto e teorías.

Tema 54. Altruísmo e conducta altruísta. Concepto e teoría.

Tema 55. Percepción ambiental. Significado do ambiente: compoñentes. Procesos e fases.

Tema 56. Problemas socio-psicolóxicos do medio urbano. As barreiras ambientais.

Tema 57. Influencias dos factores físico-ambientais no comportamento humano. Compoñentes afectivos do ambiente.

Tema 58. A inadaptación social. Concepto, factores xeradores.

Tema 59. Teorías criminolóxicas. Presupostos teóricos.

Tema 60. A persoa do delincuente. Teorías da anormalidade.

Tema 61. A esfera social do delincuente: familia, residencia, etc.

Tema 62. O delincuente e a víctima. Victimoloxía. Delictos sen víctimas: ambivalencia moral.

Tema 63. As psicopatías: definición, clasificacións.

Tema 64. Programas de prevención comunitaria da inadaptación social infantil e xuvenil.

Tema 65. Sociopatías e drogodependencias.

Tema 66. Drogas: conceptos básicos: uso, dependencia, tolerancia, etc.

Tema 67. Clasificación das drogas.

Tema 68. Tratamentos e asistencia a drogodependentes.

Tema 69. A reinserción social dos drogodependentes. Resocialización. Socialización e desclasamento.

Tema 70. A prevención das drogodependencias: prevención específica e inespecífica.

Tema 71. Proxectos de animación sociocomunitaria para a prevención das drogodependencias. A formación en drogodependencias. Mediadores sociais.

Tema 72. O plan nacional sobre drogas. Os plans municipais sobre drogas.

3. Diplomado en traballo social.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo B; escala, Administración especial; subescala, técnica; clase, media. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo B, e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza do/a aspirante.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado en traballo social ou equivalente.

V. Exercicios da oposición.

Constará de dous exercicios: un teórico e outro práctico, ademais dunha proba de coñecemento de idioma galego e doutra de coñecemento de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas.

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio.

Consistirá en contestar por escrito durante un tempo máximo de 2 horas a 4 temas elexidos ó chou, dos que figuran como anexo a estas bases específicas; un dos temas corresponderá ó temario común para o grupo B de titulación que figura como anexo ás bases xerais e os outros 3 ó temario específico que figura como anexo a estas bases.

Segundo exercicio.-De carácter igualmente obrigatorio. Consistirá en desenvolver por escrito, un suposto práctico que proporá o tribunal, inmediatamente antes do comezo do exercicio, sobre aspectos concretos dos temas que integran o programa, de conformidade co previsto na base IX das xerais, nun tempo máximo de 2 horas.

Terceiro exercicio.-De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base IX das xerais.

Cuarto exercicio.-Voluntario. Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou

das comunidades autónomas, previsto na base IX das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base IX das xerais.

ANEXO

Temas específicos

Tema 1. Política social e servicios sociais en España.

Tema 2. Principios básicos da acción social a nivel municipal e a nivel autonómico. Lexislación autonómica de servicios sociais. Lei de servicios sociais de Galicia.

Tema 3. Organizacións internacionais relacionadas co traballo social. A súa estructura e funcionamento. Organizacións non gobernamentais de servicios sociais.

Tema 4. A organización social. Grupos e categorías. A estratificación social.

Tema 5. Clase social e mobilidade social.

Tema 6. A herdanza e o medio. Influencia do medio. A socialización do individuo. A aprendizaxe social.

Tema 7. A personalidade. A intelixencia. Estructuras.

Tema 8. Proceso evolutivo do individuo. A conducta desviada e a estructura social.

Tema 9. Apoio social. Redes de apoio social.

Tema 10. Os dereitos humanos e os servicios sociais.

Tema 11. Fundamentos, principios e funcións básicas do traballo social.

Tema 12. Áreas de intervención social e niveis de actuación.

Tema 13. O traballo social: obxecto e obxectivos. Principios fundamentais.

Tema 14. Técnicas en traballo social.

Tema 15. A investigación en traballos sociais. Etapas do proceso. Recollida de datos.

Tema 16. Planificación, programación e planeamento en servicios sociais. Planificación e programación en traballo social.

Tema 17. Guía para o deseño e elaboración de traballos sociais. Nocións, principios e instrumentos operativos para a avaliación de programas de traballo social. O proceso de avaliación en traballo social.

Tema 18. Sistema público municipal de servicios sociais.

Tema 19. Unidades de traballo social de zona.

Tema 20. Os servicios sociais de base: conceptos e programas.

Tema 21. O servicio de axuda a domicilio. Servicios de información e orientación.

Tema 22. Programas de servicios sociais para a infancia e para a terceira idade. Recursos e prestacións na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 23. Programa de servicios sociais para a muller. Recursos e prestacións na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 24. Programa de servicios sociais para minusválidos e drogodependentes.

Tema 25. Acción social municipal no sector xuvenil.

Tema 26. Os servicios sociais como instrumento de animación e participación.

Tema 27. O traballo en equipo.

Tema 28. Dinámica de grupos. Técnicas de traballo.

Tema 29. O sistema español de Seguridade Social. Principios, composición, ámbito de aplicación e estructuras. Entidades xestoras. Organización e funcións.

Tema 30. Incapacidades laborais. Clases, contidos e prestacións.

Tema 31. Xubilación: concepto e requisitos.

Tema 32. Asociacións e fundacións: concepto, organización e lexislación vixente. Voluntariado, situación e perspectivas.

Tema 33. Os servicios sociais especializados: concepto, características e competencias.

Tema 34. Os centros municipais de información dos dereitos da muller. Equipo multidisciplinar. Obxectivos. Funcións. Coordinación.

Tema 35. Información, asesoramento e intervención social nos centros de información dos dereitos da muller. Contidos. Funcións. Avaliación.

Tema 36. Casa de acollida de mulleres maltratadas. Obxectivos. Funcións do/a traballador/a social. Avaliación.

Tema 37. Malos tratos no ámbito doméstico. A violencia contra a muller. A violencia contra o menor. Medidas preventivas. Recursos.

Tema 38. Aspectos evolutivos da estructura familiar. Novas tipoloxías de familia. Problemática da muller e protección social.

Tema 39. A feminización da pobreza. Recursos. Programas específicos.

Tema 40. Programas a favor das mulleres en materia de formación. Fomento do emprego. Fomento do autoemprego. Recursos.

Tema 41. A precarización do traballo feminino. Problemáticas sociais adheridas. A muller na economía somerxida. As traballadoras do servicio doméstico.

Tema 42. O informe social. Aspectos xerais. Código deontolóxico. A salvagarda da intimidade.

Tema 43. Servicios sociais e muller. Intervencións sociais para a igualdade de trato. Recursos institucionais para mulleres.

Tema 44. O traballo dómestico e reparto de responsabilidades. Conciliación da vida laboral e familiar. Programas e recurso.

Tema 45. I Plan de igualdade de oportunidades e trato para as mulleres de Vigo. A situación social do colectivo feminino en Vigo. Asociacionismo da muller.

Tema 46. Os plans de igualdade de oportunidades para as mulleres de ámbito autonómico. Os plans de oportunidades do Instituto da Muller.

Tema 47. Normativa comunitaria en materia de igualdade de trato. Programas comunitarios de desenvolvemento da igualdade da muller.

Tema 48. Orientacións da ONU e doutros organismo internacionais en materia de igualdade de trato. Cuarta conferencia mundial da muller de Pequín. Orientacións.

4. Administrativo de Administración xeral.

I. Número de prazas: 3.

II. Características.

Enmarcadas no grupo C; escala, Administración xeral; subescala, administrativa. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo C e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición. Non obstante resérvanse a totalidade das prazas para promoción interna entre auxiliares de Administración xeral ou funcionarios/as do grupo C de titulación doutras escalas que cumpran os requisitos fixados na base XI das xerais (técnico/a auxiliar de biblioteca ou programador informática).

A fase de concurso valorarase de conformidade co previsto na base IX das xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharelato superior, FP2 ou equivalente, ou contar con 10 anos de antigüidade integrados/as no grupo D de titulación.

Os anteriores requisitos xustificaranse con certificación expedida polo secretario xeral do concello.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio.-Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar un test con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o programa que figura como anexo ás bases específicas.

O número de preguntas e a duración do exame será fixado polo tribunal antes de inicia-lo exercicio.

Segundo exercicio.-Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver dous casos prácticos propostos polo tribunal, que poderán revesti-la forma de informe-proposta, en materias relacionadas co temario anexo, nun prazo máximo de 2 horas.

Terceiro exercicio.-Voluntario. Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, previsto na base IX das xerais.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de acordo co previsto na base IX das xerais.

ANEXO

Temario

(exclúese o común para prazas

do grupo C, que figura como anexo

ás bases xerais)

Primeira parte.-Dereito político e constitucional.

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado.

Tema 2. A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 5. A Coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial.

Tema 6. O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 7. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e contido.

Segunda parte.-Dereito administrativo.

Tema 1. A Unión Europea. A Acta Única Europea. Exame xeral da Acta de Adhesión de España á Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 2. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 3. A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 4. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 5. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 6. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 7. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público. A lei: as súas clases.

Tema 8. O acto administrativo. Concepto. Elementos.

Tema 9. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles: cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 10. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo.

Tema 11. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 12. Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 13. Concepto e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e a Administración.

Tema 14. As formas da actividade administrativa. O fomento. A policía

Tema 15. O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.

Terceira parte.-Administración local.

Tema 1. O réxime local español: principios constitucionais.

Tema 2. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3. Estructuras supramunicipais. Mancomunidades. Agrupacións. A comarca.

Tema 4. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 5. Organización municipal.

Tema 6. Competencias municipais.

Tema 7. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 8. A función pública local e a súa organización.

Tema 9. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 10. Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento sancionador.

Tema 11. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.

Tema 12. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Procedemento de outorgamento de licencias.

Tema 13. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 14. Procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 15. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

Tema 16. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores. Competencia urbanística municipal.

Tema 17. Facendas locais. Clasificacións dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 18. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

5. Sarxento do Servicio de Extinción de Incendios.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo C; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo C e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase a praza para promoción interna.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base XI das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharelato superior ou equivalente ou contar con dez anos de antigüidade en calquera praza do grupo D de titulación do servicio.

Os anteriores requisitos acreditaranse con certificación expedida polo secretario xeral do concello no que conste a data de toma de posesión como funcionario do servicio, e que levan polo menos dous anos desempeñando o cargo; e fotocopia compulsada do título de bacharelato superior ou no seu defecto

certificación na que conste que levan 10 anos integrados no grupo D de titulación.

V. Exercicios da oposición.

Constará dos seguintes:

Primer exercicio.-Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar un test con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o programa que figura como anexo ás bases específicas.

O número de preguntas e a duración do exame será fixado polo tribunal antes de inicia-lo exercicio.

Segundo exericio.-Práctico. Tamén de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en resolver nun prazo máximo dunha hora un suposto práctico, proposto polo tribunal, relacionado cos temas 9 a 40 do temario.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base IX das xerais.

VI. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base XIII das xerais, o/a aspirante aprobado, unha vez presentada toda a documentación esixida nas bases, será nomeado funcionario en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan á dita situación, debendo superar un curso teórico-práctico de 3 meses como máximo de duración, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.

Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:

a) Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternativas de asistencia sen causa xustificada.

b) A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.

c) Faltar ó curso máis dun tercio das xornadas lectivas das que conste.

d) Non supera-la metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.

Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:

Presidente: o alcalde ou por delegación o concelleiro-delegado de Seguridade.

Secretario/a: un técnico/a de Administración xeral ou funcionario/a con habilitación de carácter nacional.

Vocais: o xefe do servicio. O suboficial, e no seu defecto o sarxento de maior antigüidade, e dous representantes do comité de persoal.

A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle facilite o profesorado do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases,

exames e a toda a documentación que considere oportuna para forma-lo seu xuízo de valor.

Ese curso será substituído por calquera que poida programa-la Escola Galega de Administración Pública ou a Escola de Seguridade para o persoal dos Servicio de Extinción de Incendios dos concellos de Galicia, dirixidos a aspirantes a sarxentos que aprobasen as probas selectivas.

ANEXO

Temario

(Exclúense o común para prazas

do grupo C, incluído como anexo

as bases xerais)

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. A administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 4. A Unión europea. A Acta Única Europea. Exame xeral da acta de adhesión de España á Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario, libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 5. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 6. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 7. Organización e competencias municipais.

Tema 8. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 9. Natureza do lume. Combustión. Tipos de combustión. Transmisión da calor. Triángulo e tetraedro. Mecanismos da extinción.

Tema 10. Incendios forestais. Tipos de causas. Os combustibles forestais, clases e formas. Factores que interveñen na propagación. Extinción. Liñas de defensa.

Tema 11. Sistemas de protección respiratoria. Clasificación. Equipos illantes, circuíto aberto e circuíto pechado.

Tema 12. A escuma: tipos, características, clasificación. Equipos de escuma e o seu emprego.

Tema 13. Movemento do fume nos incendios. Naturais e forzados.

Tema 14. Os fumes e gases nos incendios, os productos da combustión e gases xerados. Efectos fisiolóxicos dos fumes e gases da combustión. Toxicidade e comprensión do problema.

Tema 15. Manobras e prácticas nos parques de bombeiros. Organización. Descrición.

Tema 16. A combustión como fenómeno físicoquímico. Factores que interveñen. Velocidade de propagación. Reacción.

Tema 17. Primeiros auxilios en hemorraxias, queimaduras e fracturas. Transporte de accidentados e enfermos RCP.

Tema 18. Enerxía eléctrica nos edificios. Orixe eléctrica dos incendios. Causas.

Tema 19. Consideracións xerais sobre as explosións de sólidos, líquidos e gases. Explosións físicas. BLEVE. Explosións químicas

Tema 20. Transporte de mercadorías perigosas. Sinalización ou identificación da materia transportada. Formas de actuación.

Tema 21. Transporte de mercadorías perigosas por estrada. Ficha de seguridade e carta de porte. Medidas que se van tomar en caso de incendio.

Tema 22. Transporte de mercadorías perigosas por ferrocarril. Etiquetas de perigo.

Tema 23. Plan de actuación en caso de accidente de mercadorías perigosas por ferrocarril.

Tema 24. Transporte de mercadorías perigosas Bleve.

Tema 25. A norma básica NBE-CPI 96. Instalacións de protección contra incendios.

Tema 26. O Regulamento xeral de espectáculos públicos e actividades recreativas. Capítulo primeiro. Sección primeira. Precaucións e medidas contra incendios.

Tema 27. Operacións previas ó rescate de víctimas en automóbiles. Operacións previas no lugar do accidente. Remoción de teitos. Apertura e remoción de portas.

Tema 28. Rescate de víctimas en automóbiles e trens.

Tema 29. A intervención dos corpos de bombeiros. Precaucións xerais. Desenvolvemento xeral das intervencións antes e despois.

Tema 30. Comportamento das estructuras ante o incendio. Protección estructura.

Tema 31. Vehículos do Servicio de Extinción de Incendios. Vehículos de extinción.

Tema 32. A auga como axente extintor. Diferentes tipos de lanzas.

Tema 33. Riscos de proximidade ás instalacións eléctricas de alta tensión. Materias de seguridade. Actuacións con risco eléctrico. Rescate de accidentados.

Tema 34. Clasificación dos axentes extintores. Axentes extintores gasosos. Axentes extintores líquidos. Axentes extintores sólidos.

Tema 35. Traxes de protección persoal. Aspectos xerais. Traxes de protección térmica, química e radiactiva.

Tema 36. Fuga de gases. Características dos gases. Clasificación. Intervención en fugas e taponamento. Detección de gases. Explosímetro. Medidor de 02.

Tema 37.O servicio de extinción de incendios: organización e funcións.

Tema 38. Intervencións e inundacións. Trombas de auga. Rotura de tuberías. Obstrucción na rede de saneamento. Vehículo especial e dotación. Manobras.

Tema 39. Funcións dun sarxento do servicio de extinción de incencios: deberes e responsabilidades.

Tema 40. Platerga. Definición. Obxectivos. Riscos na Comunidade Galega. Grupo de acción, funcións do grupo de intervención no que fai referencia ós corpos de bombeiros.

6. Conductor-bombeiro.

I. Número de prazas: 2.

II. Características.

Integradas no grupo D de titulación. Escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscribe apraza.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición.

Resérvanse ámbalas dúas prazas para promoción interna entre bombeiros e oficiais conductores (no caso do persoal laboral aplicarase ó disposto na base xeral para todo o persoal).

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base XI das xerais, deberán estar en posesión do carné de conducir da clase C + E con BTP (antes clase C2) na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

Os anteriores requisitos -agás estar en posesión do carné da clase C + E con BTP que deberá presenta-lo interesado- acreditaranse con certificación expedida polo secretario xeral do concello, no que conste a data de toma de posesión como funcionario ou no seu defecto da sinatura do seu contrato en réxime laboral fixo, e que leva polo menos 2 anos de servicios como tales no concello.

VI. Exercicios da oposición.

Constará dos seguintes:

Primeiro exercicio.-Probas de aptitude física (cualificaranse como apto ou non apto).

1ª proba: correr 200 m con carga de 30 quilogramos nun tempo máximo de 50"

2ª proba: carreira de 1.000 m nun tempo máximo de 3,25".

3ª proba: lanzamento de peso de 5 quilogramos (dous intentos). Lanzamento a unha distancia mínima de 9 m.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nun exame práctico de conducción dun vehículo do servicio por un circuíto proposto polo tribunal.

Terceiro exercicio.-Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar un test con tres respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o programa que figura como anexo ás bases específicas.

O número de preguntas e a duración do exame será fixado polo tribunal antes de inicia-lo exercicio.

Cuarto exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nun recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria.

Cualificarase como apto ou non apto.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base IX das xerais.

ANEXO I

Temario

(Exclúese o común para prazas

do grupo D, incluído como anexo

as bases xerais)

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 5. Teoría do lume. Triángulo do lume.

Tema 6. Tipos de extintores, as súas clases e forma de emprego en cada un dos incendios.

Tema 7. Incendios forestais. Tipoloxía, formas de combatilos.

Tema 8. Prácticas e manobras nos parques, como preparación fundamental do bombeiro e do conductor-bombeiro.

Tema 9. Gases tóxicos. Equipos de respiración. Detección. Gases e líquidos combustibles e inflamables.

Tema 10. O butano e as súas características. Actuación en caso de fuga e en caso de incendio.

Tema 11. A electricidade. Problemática en casos de incendio.

Tema 12. Vehículo de primeira saída. Dotación e equipo.

Tema 13. Motor de gasolina. Descrición dos seus elementos e funcionamento.

Tema 14. Motor diésel. Principios fundamentais e funcionamento.

Tema 15. Circuíto de alimentación e de inxección en motores diésel. Equipo eléctrico dos vehículos con motor diesel e gasolina. Arrinque. Iluminación.

Tema 16. Engraxamento. Misións do engraxamento e sistemas.

Tema 17. Cambio de velocidades. Descrición e funcionamento.

Tema 18. Freos. Elementos de que se compoñen. Clases. Funcionamento. Embrague. O seu obxecto. Elementos de que se compón. Funcionamento.

Tema 19. Turbocompresores. Sobrealimentación. Refrixeración. O seu obxecto. Fundamento e descrición dos seus elementos.

Tema 20. Breve descrición do termo municipal de Vigo. O núcleo urbano. Principais vías urbanas e de circunvalación. Monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade.

ANEXO II

Exclusións médicas

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións como conductor-bombeiro e que teñan o carácter de definitivas. Se fosen circunstanciais poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

7. Sarxento da policía local.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo C; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, policía local. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo C e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso, reservándose esta praza para a quenda de promoción interna.

IV. Condicións dos aspirantes.

Poderán tomar parte no concurso os funcionarios de emprego inmediatamente inferior (cabos) cunha antigüidade de 2 anos como mínimo no dito emprego dentro do Concello de Vigo, e que conten coa titulación de bacharelato superior ou equivalente, considerándose como tal estar integrado no grupo D de titulación cunha antigüidade de 10 anos como mínimo, ou cumpri-los requisitos previstos na disposición transitoria terceira da Lei 3/1992, do 23 de marzo de coordinación das policías locais de Galicia.

Os anteriores extremos acreditaranse con certificación da data de toma de posesión en praza do grupo D, como membro do corpo e, así mesmo, como cabo, senón coincidisen.

V. Baremo de méritos.

Será o establecido pola Orde do 2 de xullo de 1997, que é o seguinte:

A) Capacitación (máximo de puntos 35):

a) Titulacións académicas (máximo por este apartado 12 puntos):

-Título universitario superior: 12 puntos.

-Diplomado universitario: 7 puntos.

b) Formación profesional:

Só se valorarán os cursos relacionados coa actividade policial e impartidos polas administracións públicas ou centros oficiais de formación. A puntuación que a continuación se relaciona aplicarase só por asistencia; cando se acredite o aproveitamento puntuarase o dobre. A puntuación máxima por este apartado non poderá exceder de 20 puntos, dos que 15 poderán ser como alumno e 5 como mestre, como máximo:

-Cursos de 20 a 50 horas: 0,50 puntos.

-Cursos de 51 a 100 horas: 1,00 punto.

-Cursos de 101 a 150 horas: 1,50 puntos.

-Cursos de 151 a 200 horas: 2,00 puntos.

-Cursos de 201 a 250 horas: 2,50 puntos.

-Cursos de máis de 250 horas: 3,00 puntos.

-Profesor: 0,05 puntos por hora.

c) Exercicio de mando.

Estará referida exclusivamente ó emprego que posúe e cualificarase cun máximo de 8 puntos.

-Ano completo de responsable de cadro de persoal: 1,00 punto.

-Ano completo de responsable do servicio ou unidade: 0,50 puntos.

B) Mencións honoríficas (máximo 10 puntos):

-Concedida pola Xunta de Galicia:

1ª Categoría (ouro):10 puntos.

2ª Categoría (prata): 5 puntos.

Colectiva: 2 puntos.

-Concedida pola corporación municipal: de 1 a 5 puntos.

Non se valorarán varias mencións polo mesmo feito.

C) Antigüidade no corpo da policía local (máximo 15 puntos)

Por cada ano de servicios prestados no corpo: 1 punto.

D) Cultura profesional, humanística, deportiva (máximo 15 puntos).

a) Cultura profesional humanística dirixida á formación policial:

-Libro: 3 puntos.

-Relatorio publicado: 1 punto.

-Artigo publicado: 0,10 puntos ata un máximo de 1 punto.

-Coñecemento da lingua galega acreditado con certificado oficial da Xunta de Galicia ou de idiomas ou outros estudios oficiais, acreditados pola Escola Oficial de Idiomas ou institución oficial similar:

-Certificado de supera-lo curso de iniciación: 1 punto.

-Certificado de supera-lo curso de perfeccionamento: 1,5 puntos.

-Certificado de supera-lo curso de linguaxe administrativa básica: 2 puntos.

-Certificado de supera-lo curso de linguaxe administrativa media: 2 puntos.

-Certificado de supera-lo curso de linguaxe administrativa superior: 5 puntos.

b) Cultura deportiva (máximo 5 puntos, sen que xunto coa anterior poida exceder da dita puntuación). Só se puntuará a clasificación dos 3 postos do podium en calquera modalidade deportiva federada (seniors):

-Olímpico ou campión internacional: 5 puntos.

-Campión de España: 3 puntos.

-Campión de Galicia: 1 punto.

E) Valoración profesional (máximo 25 puntos).

-Informe sobre traxectoria profesional, ata un máximo de 10 puntos.

-Presentación e defensa perante o tribunal dun proxecto organizativo do posto de traballo ó que se aspira, ata un máximo de 15 puntos.

Os aspirantes aprobados deberán superar previamente ó seu nomeamento un curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade que se desenvolverá e cualificará con de acordo co previsto no capítulo II do decreto da Xunta de Galicia 121/1995, do 20 de abril.

8. Cabo da policía local.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo D; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, policía local. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso, reservándose esta praza para quenda de promoción interna.

IV. Condicións dos aspirantes.

Poderán tomar parte no concurso os funcionarios de emprego inmediatamente inferior (policía) cunha antigüidade de 2 anos como mínimo no dito emprego dentro do Concello de Vigo, e que conten coa titulación de graduado escolar ou equivalente, o que se acreditará con certificación na que conste a data de toma de posesión como funcionario do corpo.

V. Baremo de méritos.

Será o establecido pola Orde do 2 de xullo de 1997, que é o seguinte:

A) Capacitación (máximo de puntos 35):

a) Titulacións académicas (máximo por este apartado 12 puntos):

-Título universitario superior: 12 puntos.

-Diplomado universitario: 7 puntos.

-Bacharelato superior ou equivalente: 4 puntos.

b) Formación profesional:

Só se valorarán os cursos relacionados coa actividade policial e impartidos polas administracións públicas ou centros oficiais de formación. A puntuación que a continuación se relaciona aplicarase só por asistencia; cando se acredite o aproveitamento puntuarase o dobre. A puntuación máxima por este apartado non poderá exceder de 20 puntos, dos que 15 poderán ser como alumno e 5 como mestre, como máximo:

-Cursos de 20 a 50 horas: 0,50 puntos.

-Cursos de 51 a 100 horas: 1,00 punto.

-Cursos de 101 a 150 horas: 1,50 puntos.

-Cursos de 151 a 200 horas: 2,00 puntos.

-Cursos de 201 a 250 horas: 2,50 puntos.

-Cursos de máis de 250 horas: 3,00 puntos.

-Profesor:0,05 puntos por hora.

c) Exercicio de mando.

Estará referida exclusivamente ó emprego que posúe e cualificarase cun máximo de 8 puntos.

-Ano completo de responsable de cadro de persoal: 1,00 punto.

-Ano completo de responsable do servicio ou unidade: 0,50 puntos.

B) Mencións honoríficas (máximo 10 puntos):

-Concedida pola Xunta de Galicia:

1ª categoría (ouro):10 puntos.

2ª categoría (prata): 5 puntos.

Colectiva: 2 puntos.

-Concedida pola corporación municipal: de 1 a 5 puntos.

Non se valorarán varias mencións polo mesmo feito.

C) Antigüidade no corpo da policía local (máximo 15 puntos)

Por cada ano de servicios prestados no corpo: 1 punto.

D) Cultura profesional, humanística, deportiva (máximo 15 puntos).

a) Cultura profesional humanística dirixida a formación policial:

-Libro: 3 puntos.

-Relatorio publicado: 1 punto.

-Artigo publicado: 0,10 puntos ata un máximo de 1 punto.

-Coñecemento da lingua galega acreditado con certificado oficial da Xunta de Galicia ou de idiomas ou outros estudios oficiais, acreditados pola Escola Oficial de Idiomas ou institución oficial similar:

-Certificado de supera-lo curso de iniciación: 1 punto.

-Certificado de supera-lo curso de perfeccionamento: 1,5 puntos.

-Certificado de supera-lo curso de linguaxe administrativa básica: 2 puntos.

-Certificado de supera-lo curso de linguaxe administrativa media: 2 puntos.

-Certificado de supera-lo curso de linguaxe administrativa superior: 5 puntos.

b) Cultura deportiva (máximo 5 puntos, sen que xunto coa anterior poida exceder da dita puntuación). Só se puntuarán a clasificación dos 3 postos do podium en calquera modalidade deportiva federada (seniors):

-Olímpico ou campión internacional: 5 puntos.

-Campión de España: 3 puntos.

-Campión de Galicia: 1 punto.

E) Valoración profesional (máximo 25 puntos).

-Informe sobre traxectoria profesional, ata un máximo de 10 puntos.

-Presentación e defensa perante o tribunal dun proxecto organizativo do posto de traballo ó que se aspira, ata un máximo de 15 puntos.

Os aspirantes aprobados deberán superar previamente o seu nomeamento un curso selectivo de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade que se desenvolverá e cualificará segundo o previsto no capítulo II do Decreto da Xunta de Galicia 121/1995, do 20 de abril.

9. Garda da policia local.

I. Número de prazas: 12.

II. Características.

Enmarcadas no grupo D; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, policía local; categoría, garda. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo D e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza que se convoca.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre, por esixilo así a Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais de Galicia.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, establécense as seguintes:

a) Non excede-los 30 anos de idade.

b) Estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

c) Ser titular do permiso de conducir clase A (anteriormente A2) e clase B, con autorización BTP (antes B2).

d) Posuír unha estatura mínima de 1,70 m para homes e 1,65 m para mulleres.

e) Compromiso de portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada por escrito.

f) Acredita-la aptitude física, mediante a presentación xunto coa instancia dun certificado médico, no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias, necesarias e suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicta no certificado médico.

Todos estes requisitos deberán referirse á data na que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio.-Exame psicotécnico.

Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos

aspectos da personalidade e actitudes máis adecuadas ás funcións que se van desenvolver, contidas no Art. 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade do Estado.

Levarase a cabo mediante test normalizados e a valoración dos aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.

O contido concreto dos baremos e perfís para a comparación serán os que figuran como anexo III destas bases.

Segundo exercicio.-Probas de aptitude física.

Este exercicio é de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Previamente ó seu inicio o tribunal deberá proceder á comprobar que os aspirantes cumpren o requisto do apartado d), do apartado IV Condicións dos aspirantes, destas bases específicas, declarando eliminados ós que non a cumpran.

Consistirá na realización da seguintes probas físicas:

1ª proba: salto vertical.

Obxectivo. Medi-la potencia do tren inferior (músculos extensores).

Material. Encerado milimetrado.

Posición inicial. Erguido lateralmente e ó carón do encerado. Pés xuntos e co ombro pegado á parede. Desde esta posición elevación do brazo máis achegado á parede ata a súa máxima extensión vertical. Non se poderá realizar ningún movemento a nivel de cadeira. A articulación do pulso deberá estar en prolongación co eixe do brazo. Nesta posición realízase a primeira marca no encerado.

Execución. O aspirante saltará tan alto como poida e marcará cos dedos o nivel conseguido.

Regras.

O candidato pode move-los brazos, flexiona-lo tronco e os xeonllos. Non se permite o salto se o aspirante non adoptou a posición inicial correcta.

Mídese a distancia entre a marca feita na posición inicial e a conseguida no salto.

Permítense dous intentos, apuntándose a mellor marca das dúas.

2ª Proba: Flexións de brazos.

Obxectivo. Medi-la forza dos músculos flexores dos antebrazos e os da cintura escápulohumeral.

Material. Unha barra fixa de ximnasia deportiva.

Posición inicial. Suspendido da barra coas palmas da man cara a adiante. Brazos e pernas estendidas. Os pés sen toca-lo chan.

Execución. Levanta-lo corpo cos brazos ata que o queixo pase a barra. Baixa-lo corpo ata que os brazos queden completamente estendidos. Repeti-lo exercicio tantas veces como se poida.

Regras.

-A flexión non é un movemento de lategazo, non se poden levanta-los xeonllos.

-Non se permite dar impulso sacudindo as pernas.

-Non se permite o balanceo do corpo.

-O movemento de flexo-extensión deberá se-lo máis uniforme posible.

-O queixo non pode toca-la barra e debe superar esta.

-Se unha repetición se realiza con algunha destas anomalías, non se contará.

3ª Proba. Circuíto de axilidade.

Obxectivo e xustificación. Medi-las capacidades coordinativas (mobilidade e axilidade). Na intervención policial atopámonos con múltiples situacións nas que a boa preparación a este nivel pode supoñe-lo exito da acción, e incluso unha garantía da nosa integridade física.

Material. Dous paos de 1,70 m de alto por 3 cm de largo, mantidos verticalmente pola correspondente base. Dous valos de atletismo, colocados a unha altura de 0,72 m, e unha delas prolongada verticalmente por dous paos pegados ós seus extremos laterais, que teñen as mesmas características que os citados anteriormente.

Terreo.

Posición inicial. Detrás da liña de partida, preparado para correr en posición de saída de pé. O lugar de saída é opcional. Á dereita ou á esquerda do valo.

Execución. Ó sinal, correrase na dirección que indica o dibuxo, no menor tempo posible.

Regras.

-O cronómetro porase en marcha ó sinal de saída e deterase cando cun pé ou cos dous toquen o chan, tras salta-lo último valo.

-Considérase nulo cando non se completa o percorrido, cando se derrube ou despraze algún dos valos ou elementos que constitúan o circuíto e cando se apoie nalgún dos valos ó sobrepasalo.

-Permítense dous intentos con descanso entre ámbolos dous. Contabilizarase o mellor dos tempos.

4ª Proba. 50 m lisos.

Obxectivo. Medi-la velocidade de desprazamento do corpo. Situacións nas que debemos desenvolve-la máxima velocidade nun espacio de tempo curto (7 seg. aproximadamente), son quizais das máis numerosas, e este tipo de capacidade debe medirse nunha situación o máis real posible, desde a posición de partida ata a distancia que se vai percorrer e o tempo empregado.

Material. Pista de tartán e cronómetro.

Posición inicial. En pé cos brazos estendido, ó longo do corpo, pés separados e paralelos aproximadamente ó largo das cadeiras, coas pernas estendidas e o tronco erguido.

Regras.

-O cronómetro porase en marcha ó sinal de saída e deterase cando o peito do aspirante chegue á liña final.

-É nulo se o aspirante interfire na carreira doutro. Ó interferido permíteselle un intento máis e anotarase o mellor tempo.

5ª Proba. Carreira de 1000 m.

Obxectivo. Medi-la resistencia anaeróbica láctica. Nas situacións nas que a policía necesita un rendemento máximo ou submáximo durante un tempo, este non pasa dos 3 ou 4 minutos de duración (por exemplo unha persecución). Estas son as accións máis correntes en fronte das que teñen un carácter máis aeróbico cunha duración media (3 minutos máis representativos dos bombeiros), que son máis improbables.

Material. Pista de atletismo.

Descrición. Os aspirantes, en grupos de 10, situaranse detrás da liña de saída, efectuarán esta ó sinal e posta en marcha do cronómetro. A proba finalizará no momento no que complete a distancia indicada.

6ª Proba. 50 m Natación.

Obxectivos. Control do medio acuático. Atopámonos nun concello bañado polo mar ó longo de 33 km de costa, o que nos sitúa nun continuo contacto directo ou indirecto co medio acuático, polo que o control deste faise necesario non só para salvagarda-la seguridade dos demais, senón tamén a nosa.

Material. Piscina de 25 m.

Descrición. O aspirante nadará co estilo que queira a distancia de 50 m. A saída será desde o borde da piscina ou poyete dela, en posición de salto e

o final da proba será cando o aspirante toque a parede tras percorre-los 50 m.

Regras.

-Tras cada longo debe tocarse a parede da piscina.

-A indumentaria estará composta unicamente por bañador, lentes e gorro.

Non se poderá interferir nas vías dos demais aspirantes, pois significaría a descualificación. O interferido poderá repeti-la proba tras un descanso e anotaráselle o mellor tempo realizado.

Táboas de puntiación

Homes

PuntosSalto

vertical

Flexións

de brazos

Circuíto

axilidade

Carreira

50 m lisos

Carreira

1000 m

Natación

50 m libres

CmRepeticiónTempoTempoTempoTempo

1065209"66"582'50"40"5
962,5189"86"702'55"42"1
861179"96"853'00"43"0
7591610"16"933'08"44"1
657,51410"37"013'16"45"1
5561110"47"093'26"45"5

Mulleres

PuntosSalto

vertical

Flexións

de brazos

Circuíto

axilidade

Carreira

50 m lisos

Carreira

1000 m

Natación

50 m libres

CmRepeticiónTempoTempoTempoTempo

1052710"47"453'38"47"5
949,5610"57"553'43"48"6
847,5510"67"653'48"49"0
746410"77"753'56"49"8
644310"97"864'06"50"1
542,5211"17"964'16"51"0

Tódolos aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.

Quedará eliminado o aspirante que non obteña cando menos 5 puntos en cada unha das probas.

Terceiro exercicio.-Exercicio teórico para avaliación de coñecementos xerais e específicos de materias relacionadas co exercicio profesional.

Consistirá en contestar por escrito no prazo máximo de dúas horas a 4 temas elixidos ó chou, dos que figuran como anexo I a estas bases, dous da parte xeral e dous da parte específica.

Cuarto exercicio.-Recoñecemento médico, no centro que se lle indique polo que se certifique que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo II desta convocatoria.

Quinto exercicio.-Coñecemento da lingua galega.

Efectuarase segundo o previsto na base IX das xerais.

Sexto exercicio.-Coñecemento de idiomas oficiais doutras comunidades autónomas e da Unión Europea.

Efectuarase segundo o previsto na base IX das xerais.

VI. Valoración dos exercicios.

O primeiro e cuarto exercicio valoraranse como apto ou non apto.

O segundo e terceiro exercicio valoraranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado/a o/a aspirante que non acade como mínimo 5 puntos en cada un deles.

O quinto e sexto exercicio valoraranse cun máximo de 2 puntos cada un deles.

A suma das puntuacións obtidas nos exercicios segundo, terceiro, quinto e sexto servirá para elabora-la relación de aprobados/as por orde de puntuación que serán nomeados/as funcionarios/as en prácticas.

VII. Curso selectivo de fomación e prácticas.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais e no capítulo II do decreto da Xunta de Galicia 121/1995, do 20 de abril, os/as aspirantes aprobados/as deberán superar un curso teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

Ademais os/as aspirantes que superen o curso deberán realizar un período de prácticas no concello que será valorado pola alcaldía tralo informe do xefe do corpo, debento obte-la cualificación de apto para superalo.

Superado o período de formación, os/as alumnos/as recibirán o diploma acreditativo e poderán ser nomeados/as funcionarios/as de carreira.

O/a alumno/a que por enfermidade ou algunha outra causa xustificada perda máis do 15% das clases do curso de formación será declarado/a non apto e poderá incoporarse ó seguinte curso cando a causa determinante llo permita.

O/a alumno/a que non supere o curso de formación teórico-práctica poderá repetilo por unha soa vez, debendo neste caso incorporarse ó curso seguinte.

ANEXO I

Temario específico

(Exclúense os temas para prazas

do grupo D, que figuran como anexo

as bases xerais)

Parte xeral

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes dos españois.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Principios xerais. A Xunta de Galicia.

Tema 3. O territorio, a poboación e a organización municipal. Competencias municipais.

Tema 4. Delictos e faltas. Persoas responsables criminalmente. Eximentes, atenuantes e agravantes. As penas e a súa execución.

Tema 5. Delictos contra a liberdade. Os dereitos do detido.

Tema 6. Delictos contra a Administración pública.

Tema 7. Delictos de lesións. Delictos contra a liberdade sexual. Delictos contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

Tema 8. Atentados contra a autoridade, os seus axentes e funcionarios públicos. Resistencia e desobediencia. Desordes públicas.

Tema 9. As faltas penais: faltas contra as persoas, faltas contra o patrimonio, faltas contra os intereses xerais e faltas contra a orde pública.

Tema 10. Formalidades da denuncia e os seus efectos. A identificación das persoas. O atestado policial.

Parte específica.

Tema 11. A Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade: disposicións xerais. Principios básicos. Disposicións estatutarias comúns. Especial consideración do título V das policías locais.

Tema 12. A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Normas básicas de estructura, organización e actuación das policías locais. Ingreso, promoción e mobilidade. Réxime estatutario.

Tema 13. A Lei de seguridade vial: competencias dos municipios en materia de tráfico e circulación. Inmobilización e retirada de vehículos: supostos, especial referencia as denominadas zona ORA.

Tema 14. Infraccións, sancións e medidas cautelares na Lei de seguridade vial. Principios do procedemento sancionador segundo a Lei 30/1992 e regulación do procedemento sancionador en materia de tráfico, circulación e seguridade vial.

Tema 15. Delictos contra a seguridade do tráfico. A alcoholemia: concepto, taxas, modo de intervir. Delictos contra a saúde pública.

Tema 16. Sinais. Formatos. Tipos. Significado e prioridade.

Tema 17. Permisos e licencias de conducir e documentación de vehículos.

Tema 18. Ordenanzas municipais e bandos da Alcaldía en materia de limpeza e ornato, venda ambulante, establecementos públicos, contedores, valos e estadas, mercados e outras da vía pública.

Tema 19. Dereitos e deberes dos funcionarios do corpo da policía local. Procedemento disciplinario.

Tema 20. Breve descrición do termo municipal de Vigo. Principais vías urbanas, monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade. Centros oficiais.

ANEXO II

Exclusións médicas

1. Exclusións circunstanciais.

Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións policiais.

Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde do/a aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen corrección inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento e retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición:

Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hercios a 35 decibelios, ou de 4.000 hercios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor. Alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo. Úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular. Hipertensión arterial de calquera causa, non debendo pasa-las cifras en repouso de 145mm/hg en presión sistólica, e 90 mm/hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio. Asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o pneumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.5. Sistema nervioso. Epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.6. Pel e faneras. Psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos. Diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidades de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función policial.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcoholismo, á que se refire o apartado 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolitos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcohol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

ANEXO III

Perfil psicolóxico para o exame

psicotécnico

Tendo en conta as funcións que para o corpo da policía local se establecen no Art. 53 da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, os test irán dirixidos a excluí-los/as aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do corpo, e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e á desconsideración cara ás normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia amósanse agradables e intelixentes e só se descobren a simple vista cando se atopan en serias dificultades,

por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou en egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita anormalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vengativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e accións. As actividades das persoas que padecen esta anomalía, poden estorbar ós demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, amosando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a amosar unha falta de confianza en si mesmo, tendencia a preocuparse, poucos intereses e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.

7. Histeira: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondríase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

9. Introversión social: refírese á tendencia ó illamento de contactos sociais, apatía, inseguridade, incapacidade de tomar decisións, lentitude, inflexibilidade de pensamento, etc.

Así mesmo, valóranse positivamente no test os factores determinantes da personalidade que deben estar presentes no perfil ideal dos aspirantes ó ingreso neste corpo e que se traducen en:

1. Forza da persoa mesma: refírese a unha boa integración persoal e unha estructura compacta da personalidade que lle serve para actuar ante presións externas e tensións emocionais. Desta forma pódese desenvolver un traballo de forma desenvolta e aproveitando as circunstancias.

2. Dominancia: refírese á iniciativa social, persistencia, esforzo, preocupación, capacidade para o mando e identificación coa sociedade.

3. Responsabilidade: refírese á aceptación das consecuencias ocasionadas pola conducta, á con

ciencia das obrigas propias traducíndose en ser digno de confianza, con gran sentido de pertenza ó grupo co que actúa e a mostrar unha integridade total.

4. Control: refírese ó autocontrol que poidan presenta-las persoas en calquera momento.

10. Capataz de desinfección.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase para promoción interna, entre persoal coa categoría de oficial de oficios ó servicio da corporación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Deberán contar coa condición de oficial de oficios con contrato laboral fixo ou integrado no grupo D de titulación desde hai 2 anos como mínimo.

Acreditaranse mediante certificación para o efecto expedida polo secretario xeral.

V. Fase de oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio.-Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito nun prazo dunha hora a un test de 20 preguntas con 3 respostas alternativas que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio e relacionadas coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases.

Segundo exercicio.-Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tareas que propoñerá o tribunal, relacionadas cas materias obxecto do programa no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base IX das xerais

ANEXO

Temario

Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.

Tema 5. Funcións e tarefas dun capataz de desinfección. A organización dunha brigada de desinfección.

Tema 6. Grandes grupos dentro dos cales se poden encadra-los microorganismos infecciosos. Principiais características de cada grupo.

Tema 7. Clasificación dos desinfectantes químicos de acordo coa súa composición. Cita exemplos de cada grupo.

Tema 8. Problemas sanitarios que poidan ocasiona-las cascudas. Describe os dous tipos de cascudas máis frecuentes na nosa xeografía.

Tema 9. Importancia sanitaria dos tratamentos de desinsectación.

Tema 10. Tipos de raticidas: agudos e anticoagulantes. Vantaxes e inconvenientes do seu uso.

Tema 11. Mecanismo de actuación dun raticida anticoagulante. Planificación dunha campaña de desratización atendendo á frecuencia de reposición de cebos.

Tema 12. Grupos máis importantes de insecticidas con exemplos de cada un. Mecanismos máis importantes da loita contra o insecto.

Tema 13. Diferencia entre desinfección e esterilización. Describe brevemente o funcionamento dun autoclave. ¿Que operación sanitaria se consegue co mesmo?.

Tema 14. Características biolóxicas das ratas. Tipos principais de ratas e ratos comúns na xeografía española. Describe brevemente a súa repercusión sanitaria.

Tema 15. Técnicas sanitarias de desratización. Describe brevemente en que consisten.

Tema 16. Desinfección por métodos físicos. Descrición.

Tema 17. Desinfección por vía aérea: forma de facela. Características principais que condicionan a eficacia do tratamento por esta vía.

Tema 18. Describe brevemente as características biolóxicas das moscas, a súa repercusión sanitaria.

Tema 19. Citas os tres principiais mecanismos de actuación dos insecticidas.

Tema 20. Características que debe cumprir un insecticida de garantía sanitaria.

11. Oficial desinfector.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase para promoción interna, entre persoal coa categoría de axudantes de oficios ou peóns, integrados no grupo E de titulación ou laborais equiparados, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Deberán contar coa condición de axudante de oficios ou peóns con contrato laboral fixo ou integrados no grupo E de titulación desde hai 2 anos como mínimo.

Acreditaranse mediante certificación ó efecto expedida polo secretario xeral.

V. Fase de oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio.-Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito nun prazo dunha hora a un test de 20 preguntas con 3 respostas alternativas que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio e relacionadas coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases.

Segundo exercicio.-Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tareas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do programa no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base IX das xerais.

ANEXO

Temario

Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.

Tema 5. Funcións e tarefas dun oficial de desinfección. A organización dunha brigada de desinfección.

Tema 6. Grandes grupos dentro dos cales se poden encadra-los microorganismos infecciosos. Principiais características de cada grupo.

Tema 7. Clasificación dos desinfectantes químicos de acordo coa súa composición. Cita exemplos de cada grupo.

Tema 8. Problemas sanitarios que poidan ocasiona-las cascudas. Describe os dous tipos de cascudas máis frecuentes na nosa xeografía.

Tema 9. Importancia sanitaria dos tratamentos de desinsectación.

Tema 10.Tipos de raticidas: agudos e anticoagulantes. Vantaxes e inconvenientes do seu uso.

Tema 11. Mecanismo de actuación dun raticida anticoagulante. Planificación dunha campaña de desratización atendendo á frecuencia de reposición de cebos.

Tema 12. Grupos máis importantes de insecticidas con exemplos de cada un. Mecanismos máis importantes da loita contra o insecto.

Tema 13. Diferencia entre desinfección e esterilización. Describe brevemente o funcionamento dun autoclave. ¿Que operación sanitaria se consegue con el?

Tema 14. Características biolóxicas das ratas. Tipos principais de ratas e ratos comúns na xeografía española. Describe brevemente a súa repercusión sanitaria.

Tema 15. Técnicas sanitarias de desratización. Describe brevemente en que consisten.

Tema 16. Desinfección por métodos físicos. Descrición.

Tema 17. Desinfección por vía aérea: forma de facela. Características principais que condicionan a eficacia do tratamento por esta vía.

Tema 18. Describe brevemente as características biolóxicas das moscas, a súa repercusión sanitaria.

Tema 19. Cita os tres principiais mecanismos de actuación dos insecticidas.

Tema 20. Características que debe cumprir un insecticida de garantía sanitaria.

12. Oficial albanel.

I. Número de postos: 2.

II. Características.

En réxime laboral, equiparados ó grupo D para os efectos de titulación. Estarán dotados coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurarán incluídos no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase para promoción interna, entre persoal coa categoría de axudantes de oficios ou peóns, integrados no grupo E de titulación ou laborais equiparados, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Deberán contar coa condición de axudante de oficios ou peóns con contrato laboral fixo ou integrados no grupo E de titulación desde hai 2 anos como mínimo.

Acreditaranse mediante certificación para o efecto expedida polo secretario xeral.

V. Fase de oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio.-Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito nun prazo dunha hora a un test de 20 preguntas con 3 respostas alternativas que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases.

Segundo exercicio.-Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas cas materias obxecto do programa no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base IX das xerais

ANEXO

Temario

Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.

Tema 5. Funcións e tarefas máis importantes dun oficial albanel.

Tema 6. Albanelería: oficio, ferramentas, útiles e medios auxiliares.

Tema 7. O ladrillo: normativa de aplicación, terminoloxía, clases, tipos, calidades, formatos e propiedades particulares.

Tema 8. Fábrica de ladrillo: muros resistentes, clases, condicións dos muros, execución e control de execución. Particións: clases, condicións dos muros, execución e control de execución.

Tema 9. Bloque: normativa de aplicación, clases, tipos, calidades, formatos e propiedades particulares.

Tema 10. Fábrica de bloques: clases, excecución e control de execución.

Tema 11. Argamasas: compoñentes, condicións dos materiais, características das argamasas, amasado e tempos de utilización.

Tema 12. Revestimento de paramentos: chapados e revestimento de azulexos, especificacións dos materiais, execución, control de execución.

Tema 13. Revestimento de paramentos: enfoscados, especificacións dos materiais, execución, control de execución.

Tema 14. Revestimento de paramentos: gornecidos e enlucidos, especificacións dos materias, execución, control de execución.

Tema 15. Revestimento de paramentos: revocaduras, especificacións dos materiais, execución, control de execución.

Tema 16. Soleiras: tipos, materiais, execución, control de execución.

Tema 17. Pavimentos continuos e pavimentos flexibles: materiais, execución e control da execución.

Tema 18. Pavimentos de pezas ríxidas: forma e tipo do material, sistemas de colocación, execución, control da execución.

Tema 19. Estadas: tipos e características xerais.

Tema 20. Seguridade e hixiene: riscos, proteccións persoais e colectivas nas obras de albanelería.

13. Oficial sepultureiro.

I. Número de postos: 4.

II. Características.

En réxime laboral, equiparados ó grupo D para os efectos de titulación. Estarán dotados coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurarán incluídos no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvanse para promoción interna 2 postos, entre persoal coa categoría de axudantes de oficios ou peóns, integrados no grupo E de titulación ou laborais equiparados, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Deberán contar coa condición de axudante de oficios ou peóns con contrato laboral fixo ou integrados no grupo E de titulación desde hai 2 anos como mínimo.

Acreditaranse mediante certificación para o efecto expedida polo secretario xeral.

V. Fase de oposición.

Constará de tres exercicios:

Primeiro exercicio.-Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito nun prazo dunha hora a un test de 20 preguntas con 3 respostas alternativas que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases.

Segundo exercicio.-Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacio

nadas cas materias obxecto do programa no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

Terceiro exercicio.-Coñecemento da lingua galega.

Efectuarase segundo o previsto na base IX das xerais.

Exclúese de realizar este terceiro exercicio ó persoal que participa pola quenda de promoción interna.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base IX das xerais

ANEXO

Temario

Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.

Tema 5. Funcións e tarefas máis importantes dun oficial sepultureiro.

Tema 6. Cemiterios: concepto e clases.

Tema 7. Condicións de localización dos cemiterios.

Tema 8. Sepulturas: concepto e uso.

Tema 9. Depósitos de cadáveres e salas de autopsia.

Tema 10. Normas sobre apertura, inspección, suspensión e clausura dun cemiterio.

Tema 11. Servicios que se prestan nos cemiterios municipais.

Tema 12. Coidados e prevencións na práctica das exhumacións.

Tema 13. Maneira de realizar unha inhumación: especialidades segundo a sepultura.

Tema 14. Concepto de domicilio mortuorio. Depósito funerario, conducción ordinaria e traslados.

Tema 15. Concepto e clases de cadaleitos.

Tema 16. Normas sanitarias sobre cadáveres.

Tema 17. Concepto de policía sanitaria mortuoria.

Tema 18. Forma de prestación do servicio funerario no Concello de Vigo.

Tema 19. Breve análise do contido da Lei 49/1978, do 3 de novembro sobre enterramentos e cemiterios municipais.

Tema 20. Breve referencia ó contido do Regulamento de policía sanitaria e mortuoria (R.D 265/1974, do 20 de xullo).

14. Oficial electricista.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluido no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase para promoción interna, entre persoal coa categoría de axudantes de oficios ou peóns, integrados no grupo E de titulación ou laborais equiparados, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Deberán contar coa condición de axudante de oficios ou peóns con contrato laboral fixo ou integrados no grupo E de titulación desde hai 2 anos como mínimo.

Acreditaranse mediante certificación para o efecto expedida polo secretario xeral.

V. Fase de oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio.-Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito nun prazo dunha hora a un test de 20 preguntas con 3 respostas alternativas que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio e relacionado coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases.

Segundo exercicio.-Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas cas materias obxecto do programa no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base IX das xerais.

ANEXO

Temario

Os catro primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.

Tema 5. Funcións e tarefas máis importantes dun oficial electricista.

Tema 6. Instalacións eléctricas: consideracións xerais sobre a enerxía eléctrica.

Tema 7. Magnitudes eléctricas e leis fundamentais.

Tema 8. Regulamentacións.

Tema 9. Distribucións e subministracións eléctricas: tipos e aplicacións. Esquemas de representacións de instalacións eléctricas. Niveis de electrificacións.

Tema 10. Instalacións de enlace: acometidas eléctricas. Niveis de electrificacións.

Tema 11. Protección das instalacións. Protección contra descargas eléctricas. Instalacións de posta a terra.

Tema 12. Compoñentes da instalación eléctrica: características, tipos e control.

Tema 13. Dimensionado da instalación eléctrica. Control e mantemento da instalación.

Tema 14. Instalacións de emerxencia: subministracións complementarias, iluminacións especiais de emerxencia: características e equipo. Grupos electróxenos.

Tema 15. Instalacións de pararaios e instalación de antenas: características, compoñentes da instalación, control e mantemento.

Tema 16. Lámpadas: tipos e características.

Tema 17. Luminarias: tipos e características.

Tema 18. Iluminación de interiores: características xerais, métodos de iluminación, cálculo dos puntos de luz e localización, control e mantemento.

Tema 19. Iluminación de exteriores: características xerais, métodos de iluminación, cálculo dos puntos de luz e localización, control e mantemento.

Tema 20. Seguridade e saúde laboral: riscos, proteccións persoais e colectivas nas instalacións eléctricas.

15. Director administrativo Vigo-Zoo.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo B para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo B e as complementarias que figurán na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado ou equivalente.

V. Exercicios da oposición.

Constará de dous exercicios: un teórico e outro práctico, ademais dunha proba de coñecemento de idioma galego e doutra de coñecemento de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas.

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito durante un tempo máximo de 2 horas a 4 temas elixidos ó chou, dos que figuran como anexo a estas bases especí

ficas; dous dos temas do grupo primeiro e outros dous do grupo segundo.

Segundo exercicio.-De carácter igualmente obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en desenvolver por escrito, un suposto práctico que proporá o tribunal, inmediatamente antes do comezo do exercicio, sobre aspectos concretos dos temas que integran o programa, de conformidade co previsto na base IX das xerais, nun tempo máximo de 2 horas.

Terceiro exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego, que se realizará conforme o previsto na base IX das xerais.

Cuarto exercicio. Voluntario. Consistirá na proba de coñecementos de idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas, previsto na base IX das xerais.

A cualificación de cada exercicio e final farase de acordo co previsto na base IX das xerais.

ANEXO

Temario

(Exclúense os temas contidos como anexo

nas bases xerais para prazas

do grupo B)

Primeiro grupo.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 4. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

Tema 5. Significado da Unión Europea. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 6. As institucións da Unión Europea. Organos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 7. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 8. O procedemento administrativo común. Principios xerais e competencia segundo a Lei 30/1992.

Tema 9. O acto administrativo. Executividade e suspensión dos actos administrativos.

Tema 10. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e finalización.

Tema 11. Os interesados. Capacidade de obrar. Concepto de interesado. Representación dos interesados.

Tema 12. A responsabilidade da Administración pública e as súas autoridades e do persoal ó seu servicio.

Tema 13. O contrato administrativo no dereito local.

Tema 14. Clases de contratos administrativos.

Tema 15. Elementos do contrato.

Tema 16. Obxecto do contrato.

Tema 17. Tramitación do expediente de contratación. O prego de condicións. Procedemento e forma de adxudicación.

Tema 18. Garantías no contrato administrativo. Execución do contrato. Risco e ventura. Recepción do obxecto do contrato.

Tema 19. Modificación e extinción dos contratos.

Tema 20. As formas da acción administrativa: fomento, policía administrativa e servicio público.

Tema 21. Formas de xestión directa dos servicios públicos municipais. Especial consideración do organismo autónomo Vigo-Zoo .

Tema 22. Forma de xestión indirecta dos servicios públicos municipais.

Tema 23. Os órganos colexiados. Abstención e recusación. Principios das relacións entre as administracións públicas.

Tema 24. Organización municipal.

Tema 25. Competencias municipais.

Tema 26. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 27. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados de acordos.

Tema 28. A Lei 1/1993, da Xunta de Galicia sobre protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: principios e contido.

Tema 29. Condicións mínimas para o mantementos dos animais nos parques zoolóxicos na normativa da Unión Europea.

Tema 30. Os estatutos de Vigo-Zoo.

Segundo grupo.

Tema 31. A Lei de facendas locais: aspectos xerais.

Tema 32. A imposición local autónoma.

Tema 33. Réxime xurídico do gasto público local.

Tema 34. Os orzamentos locais.

Tema 35. Aspectos técnicos da contabilidade administrativa. Especial referencia ós termos intervido, toma de razón, contraído, devolucións, minoracións, remanente de crédito e formalización.

Tema 36. Previsións orzamentarias. Carácter. Recoñecemento e liquidación de dereitos e obrigacións.

Tema 37. Execución e liquidación dos orzamentos.

Tema 38. O peche do exercicio nas corporacións locais. A liquidación do orzamento. Determinación de resultados.

Tema 39. O contrato de traballo: elementos e eficacia.

Tema 40. Modalidades de contrato de traballo.

Tema 41. Salario e garantías salariais.

Tema 42. Extinción do contrato de traballo. Especial consideración do despedimento.

Tema 43. Órganos de representación dos traballadores. O dereito de reunión.

Tema 44. Os convenios colectivos de traballo.

Tema 45. Afiliación, altas e baixas e cotización no réxime xeral da Seguridade Social. O accidente de traballo. As prestacións de desemprego.

Tema 46. O cadro de persoal e relación de postos de traballo.

Tema 47. O persoal laboral da Administración local. O Acordo regulador de condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo (BOP nº 193, do 6 de outubro de 1995).

Tema 48. O orzamento da entidade local. Formación. Documentación. Aprobación. Especial consideración da prórroga orzamentaria.

Tema 49. A estructura orzamentaria. Clasificación funcional dos gastos. Clasificación económica dos gastos. Criterios e niveis. Clasificación das previsións de ingreso. A partida orzamentaria.

Tema 50. Delimitación dos créditos do orzamento de gastos. Carácter limitativo e vinculante. Niveis de vinculación xurídica. Situación dos créditos de gastos. Contabilización dos cambios de situación dos créditos.

Tema 51. As modificacións orzamentarias nos gastos. Concepto. Clases. Recursos que poidan financialas. Tramitación. Competencia para a súa aprobación.

Tema 52. A contabilización das modificacións de créditos. Modificación das previsións de ingresos (a súa contabilización).

Tema 53. A execución do orzamento de gastos. Fases. Concepto. Órgano competente. As ordes de pago a xustificar. Os anticipos de caixa fixa.

Tema 54. Os gastos de carácter plurianual.

Tema 55. O peche da contabilidade. Resultado orzamentario. O remanente de Tesourería. Os remanentes de crédito (incorporables e non incorporables).

Tema 56. Recadación de ingresos e pago de gastos.

Tema 57. Contas administrativas a render nas corporacións locais. Concepto: contido e tramitación.

Tema 58. A tesourería e contabilidade das entidades locais.

Tema 59. A contabilidade extraorzamentaria: principios e finalidade.

Tema 60. Principios de organización de oficinas.

Vigo, 18 de marzo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

3672