Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.491

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de abril de 1998 pola que se declara de interese galego á fundación Universidad de A Coruña e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste Protectorado.

Visto o expediente tramitado por instancia da fundación Universidad de A Coruña, que ten por finalidade a súa declaración de interese galego e a conseguinte inscrición no Rexistro de Fundacións da Xunta de Galicia.

Resultando que a Consellería da Presidencia e Administración Pública pola súa Orde do 2 de decembro de 1997 (DOG nº 241, do 15 de decembro), clasificou como benéfico-docente a citada fundación e adscribiuna á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como, o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e as demais disposicións de xeral e pertinente aplicación, e máis concretamente as normas básicas contidas na Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

Considerando que a correspondente escritura fundacional e de aprobación dos estatutos, outorgada na Coruña perante o notario Pablo Valencia Ces, co número de protocolo 893, con data do 24-3-1997, rectificada pola escritura pública do mesmo notario con data do 13-11-1997, co número de protocolo 3.391, son conformes co establecido nos artigos 5º 6º e 7º da Lei 7/1983, do 22 de xuño (Diario Oficial de Galicia nº 89, do 20 de xullo), e coas demais disposicións aplicables.

Considerando que os fins e demais elementos organizativos da fundación Universidad de A Coruña cumpren os requisitos sinalados nos artigos 1 e 13 da mentada Lei 11/1991, (Diario Oficial de Galicia nº 219, do 12 de novembro), para a súa declaración de interese galego, así como coas condicións básicas determinadas na devandita Lei 30/1994.

Considerando que o presente expediente se promoveu por persoas lexitimadas para iso, e que na súa tramitación se cumpriron os requisitos legais e regulamentarios esixidos tanto pola lexislación autonómica en materia de fundacións de interese galego como polas normas básicas establecidas na Lei 30/1994.

Esta consellería, consonte co disposto no artigo 32.3º do devandito regulamento, logo do informe da Asesoría Xurídica deste departamento,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar de interese galego a fundación Universidad de A Coruña, coa conseguinte aproba

ción dos seus estatutos e dos demais aspectos recollidos na orde de clasificación publicada no Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro de 1997.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro Auxiliar de Fundacións deste protectorado, logo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; tendo esta publicación e inscrición o carácter constitutivo que determinan os artigos 33.3º do Decreto 248/1992 e o 8º da Lei 7/1983, así como o artigo 3 da referida Lei 30/1994.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

3742