Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.806

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 23 de abril de 1998 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde.

Convocada pola Orde do 19 de febreiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 46, do 9 de marzo), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.- Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 19 de febreiro de 1998.

Segundo.- Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.- O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.- Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da

xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Nercellás Catalán, Manuel.

NRP: 0139995802 A2067.

Grupo: A.

Nivel CD: 26.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefe dos servicios veterinarios de Saúde Pública da zona de Vigo.

Dependencia: Dirección Provincial do Sergas.

Localidade: Vigo.

Apelidos e nome: Rodríguez González, Miguel Ángel.

NRP: 3492169768 A2067.

Grupo: A.

Nivel CD: 26.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefe dos servicios veterinarios de Saúde Pública da zona de Ourense.

Dependencia: Dirección Provincial do Sergas.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Fernández López, José Antonio.

NRP: 3383467613 A6449.

Grupo: A.

Nivel CD: 28.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefe da Unidade de Control de Concertos.

Dependencia: Dirección Provincial do Sergas.

Localidade: Vigo.

3827