Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.814

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (201/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 201/1996 se segue xuízo de faltas sobre agresión no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dezaoito de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro e do seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 201/1996, seguidos por lesións, sendo parte denunciante Eduardo Lorenzo

Vidal, maior de idade; aparecendo como parte denunciada María del Pilar Calvo Camiño e Manuel García Cancela, maiores de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo absolver e absolvo a María del Pilar Calvo Camiño e Manuel García Cancela, da falta inicialmente imputada sin que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta miña sentencia cabe recurso de apelación a interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que serva de notificación en forma ó denunciante-denunciado en ignorado paradoiro Eduardo Lorenzo Vidal expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o tres de abril de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

3972