Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1998 pola que se lle renova a FEGAFÖN a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Miguel Castrillón Fagil en representación de Fegafón, e a documentación anexa, na que se solicita se lle renove a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria IT-IC 25 do Regulamento de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria aprobada por Orde do 16 de xullo de 1981 (BOE 13-8-1991), pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a obtención deles.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

Esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Renovar á FEGAFÖN a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na Orde do 8 de abril de 1983.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3358