Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso para a redacción do proxecto e execución das obras dunha pasarela peonil sobre a avenida de Arteixo.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O98/29.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de pasarela peonil sobre a avenida de Arteixo.

Prazo de execución: consignado no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 48.062.014 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

Información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Documentación: a) Entidade: Sucopia, S.L. b) Enderezo: Ronda de Nelle, 131. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 27 08 88.

7. Clasificación: grupo B, subgrupo 3, categoría d.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: ata tres.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a redacción do proxecto e execución das obras dunha pasarela peonil sobre a avenida de Arteixo».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 22 de abril de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

3999