De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358 do 23), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Rel decreto 1665/1976 de 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.
Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para alegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas estime convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación podera ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo debera emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9).
A Coruña, 31 de marzo de 1998.
Rogelio del Valle Muñóz-Cobo
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 031SA/98.
Denunciado: Remiseiro Novas, Laureano.
DNI: 35.227.235.
Último domocilio coñecido: Cosoirado nº 26, 36668 Moraña, Pontevedra.
Feitos denunciados: carecer do certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando vivo no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.
Tipificacion infracción Regulamento de epizootias: 224 en relación co 52.4º do mesmo regulamento, co 12.2º do Decreto 355/1994 e co artigo 5.2º da Orde 4-4-1997.
Sanción proposta: 15.000 ptas.
Expediente: 045SA/98.
Denunciado: Fernández Sedes, Manuel Francisco.
DNI: 32.598.260.
Último domicilio coñecido: Monte Ardariz, s/n, San Sadurniño 15560, A Coruña.
Feitos denunciados: ter sen identificar na feira, ó abandoa-la explotación de nacemento, catro animais de raza porcina.
Tipificación infracción Regulamento de epizootias: 224 do regulamento, en relación co artigo 7 do Real decreto 205/1996.
Sanción proposta: 18.000 ptas.
3469

