Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.244

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 24 de marzo de 1998 pola que se convoca o IX Certame Galego de Teatro Xuventude 98.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, específica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude é compartido conxuntamente polas consellerías de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa Fomento da actividade xuvenil, que ten entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artistica entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Cultural, que ten, entre outras funcións a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, a música, as artes líricas e coreográficas, así como a posta en práctica de medidas de apoio para os artistas, de acordo co Decreto 488/1997, do 26 de decembro, e o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro,

polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude 98.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude convoca o IX Certame Galego de Teatro Xuventude 98, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º.

As actividades que impliquen o desenvolvemento deste certamen serán custeadas con cargo á partida orzamentaria 14.05.355B.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

IX Certamen Galego de Teatro Xuventude 98

I. Convocatoria:

A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, convoca o IX Certame Galego de Teatro Xuventude 98.

II. Participantes:

Poderán concorrer a este certame tódolos grupos teatrais, non profesionais, compostos por xoves galegos ou residentes en Galicia, que se inclúan dentro dalgunha das categorías da presente convocatoria.

III. Categorías:

Establécense catro categorías:

Categoría A: para grupos de teatro independentes, compostos por xoves de idade que non exceda dos 30 anos.

Categoría B: para grupos de teatro que se constitúan nos distintos centros de ensino primario, e que agrupen a xoves de idades que non superen os 12 anos.

Categoría C: para grupos de teatro que se constitúan nos distintos centros de ensino primario e secundario (EPO, ESO e EXB), institutos de bacharelato e centros de formación profesional de Galicia, e que agrupen a xoves de idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos.

Categoría D: para grupos de teatro que se constitúan en escolas e facultades universitarias de Galicia e que as súas idades non superen os 30 anos.

As ditas idades enténdense cumpridas ó 31-XII-1998, agás dirección e equipo técnico.

IV. Condicións xerais:

1. As obras poderán ser de autores galegos, españois ou estranxeiros.

2. Poderán presentarse textos orixinais.

3. Excluiranse aqueles grupos que non cumpran as condicións esixidas.

V. Inscricións:

As solicitudes deberán formularse no impreso normalizado que se indica no anexo II.

Así mesmo os participantes deberán envia-lo boletín de inscrición que se indica no anexo III, nun sobre pechado no que figurará exclusivamente o título da obra que se vai representar.

Segundo a categoría presentarán tamén:

Categoría A:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escena (número de personaxes tipo de decorado, vestiario, espacio que se precisa, etc.).

-Un vídeo dunha representación da obra a concurso ou dun ensaio xeral, feito dentro do ano 1998.

Categoría B e C:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escena (número de personaxes, necesidades de decorado, vestiario, espacio, etc. que precisan) e nomes dos responsables e coordinadores.

-Un vídeo dunha representación da obra a concurso ou dun ensaio xeral, feito dentro do curso académico 1997/1998.

Categoría D:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escena (número de personaxes, tipo de decorado, vestiario, espacio que se precisa, etc.).

-Un vídeo dunha representación da obra a concurso ou dun ensaio xeral, feito dentro do curso académico 1997/1998.

Os participantes deberán presenta-lo impreso de solicitude, a obra e o sobre pechado no Servicio de Xuventude da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude correspondente á provincia na que os interesados teñan fixada a súa residencia habitual, polo que poderá ser en:

Ronda da Muralla, 70 - 27003 Lugo.

Avda. da Habana, 81 - baixo 32004 Ourense.

R/ Durán Loriga, 9-1º 15003 A Coruña.

R/ Mª Berdiales, 20 - entrechán 36203 Vigo.

Antes do 30 de xuño de 1998.

VI. Desenvolvemento:

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo coa colaboración da delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

O xurado seleccionará, de entre os participantes, aqueles que pola súa calidade considere merecentes de concorrer á fase final.

O xurado poderá seleccionar para a fase final ata seis grupos en cada unha das categorías.

A fase final celebrarase na cidade de Lugo no mes de outubro de 1998, coa asistencia dos grupos seleccionados polo xurado nas distintas categorías:

VII. Premios:

Establécense os seguintes premios:

PremiosCategoría A:

1º250.000 ptas.

2º150.000 ptas.

3º100.000 ptas.

4º ó 6º60.000 ptas.

PremiosCategoría B e C:

1º200.000 ptas.

2º100.000 ptas.

3º75.000 ptas.

4º ó 6º50.000 ptas.

PremiosCategoría D:

1º250.000 ptas.

2º150.000 ptas.

3º100.000 ptas.

4º ó 6º60.000 ptas.

Para cada unha das categorías(A, B, C e D) establécese un premio especial de 100.000 ptas para a mellor representación feita en galego.

Prevese para as catro categorías a concesión de diversas axudas, que oscilan entre as 25.000 e 50.000 ptas. por distintos conceptos, ata un máximo de 900.000 ptas.; así mesmo establécese unha axuda de 30.000 ptas. a cada centro educativo seleccionado dentro das categorías B e C, e unha axuda de 50.000 ptas. a cada centro educativo seleccionado dentro da categoría D, para cubrir gastos orixinados pola representación (vestiario, decorados, desprazamentos, etc.).

As cantidades dos premios serán únicas e indivisibles.

Así mesmo farase entrega a cada un dos grupos participantes nas distintas categorías, dun diploma que acredite a súa participación neste Certame Galego de Teatro.

Os grupos seleccionados polo xurado nas distintas categorías comprométense, no momento de faceren a inscrición, a representa-las obras polas que foron nomeados e premiados, na cerimonia de entrega de premios que se celebrará na cidade de Lugo no mes de outubro de 1998 se a organización o estimase oportuno.

Prevese a concesión dunha axuda de 50.000 ptas. en concepto de gastos de viaxe e xerais ó grupo que represente o día da entrega de premios.

Así mesmo, os grupos clasificados en 1º lugar nas diferentes categorías, comprométense, no momento de face-la inscrición, a representa-la obra pola que foron premiados no lugar e data que determinará a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. A tal efecto prevese a concesión dunha axuda de 150.000 ptas. en concepto de gastos de viaxe e xerais por grupo teatral, que se fará efectiva unha vez feita a dita representación.

VIII. Xurado:

O xurado será nomeado pola directora xeral de Xuventude e polo director xeral de Promoción Cultural, por proposta dos respectivos delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo, e estará composto por persoas cualificadas no campo artístico, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo.

O xurado, segundo a calidade das obras, poderá deixar desertos algúns dos premios.

A decisión do xurado será irrecorrible.

4395