Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.331

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo, e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo), e artigo 17.e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27).

Esta secretaría xeral resoveu sinala-la celebración dos sorteos correpondentes ás prazas descritas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que serán elixidos por este procedemento para o día 27 de maio de 1998, ás dez horas; estes realizaranse polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde na que figuran relacionados co anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo, serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 22 de maio de 1998, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, observarase o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico a VI para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 22 de abril de 1998.

Rafael Anes Álvarez

Secretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

UNIVERSIDADE DE VIGO.

Concursos convocados por resolución da universidade do 5-12-1997 e BOE 19-12-1997.

-Concurso nº: 104.

Nº sorteo: 35.087.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: ecoloxía.

Presidente titular: Begoña Peco Vázquez.

Vocal secretario titular: Antonio Gallardo Correa.

-Concurso nº: 107.

Nº sorteo: 35.088.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: física aplicada.

Presidente titular: Mariano Pérez-Martínez Pérez-Amor.

Vocal secretario titular: José Luis Fernández Fernández.

-Concurso nº: 109.

Nº sorteo: 35.089.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería telemática.

Presidente titular: Juan Bautista Riera y García.

Vocal secretario titular: José Manuel Santos Suárez.

-Concurso nº: 110.

Nº sorteo: 35.090.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: radioloxía e medicina física.

Presidente titular: Jorge Teijeiro Vidal.

Vocal secretario titular: José Manuel Pumar Cebreiro.

-Concurso nº: 111.

Nº sorteo: 35.091.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Presidente titular: Joan Fontcuberta Gel.

Vocal secretario titular: M. Presentación Padilla Benítez.

-Concurso nº: 112.

Nº sorteo: 35.092.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Presidente titular: Roberto Dengler Gassin.

Vocal secretario titular: M. Presentación Padilla Benítez.

-Concurso nº: 113.

Nº sorteo: 35.093.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: expresión gráfica na enxeñería.

Presidente titular: Joel Fernández Soto.

Vocal secretario titular: Manuel Adán Gómez.

-Concurso nº: 114.

Nº sorteo: 35.094.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación.

Presidente titular: Agustín Dosil Maceira.

Vocal secretario titular: Manuel Deaño Deaño.

4469