Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.341

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO VINTECINCO DE MADRID

EDICTO (D-281/1989).

Eu, Mª Josefa González Huergo, secretaria do Xulgado do Social número vintecinco dos de Madrid e a súa provincia, fago saber que por providencia dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de Roberto González Cerecedo e Miguel Ángel Nieto Solís contra Publicaciones de Galicia, S.A., en reclamación por procedemento ordinario, rexistrado co nº D-281/1989, execución 19/1990, acordouse citar a Publicaciones de Galicia, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 7-5-1998, ás 9.10 horas, para a celebración da comparecencia que terá lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número vintecinco, sito na rúa Hernani, 59 - 5º, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e con tódolos medios de proba de que tente valerse.

E para que lle sirva de citación a Publicaciones de Galicia, S.A., expídese o presente edicto para a súa publicación no BOP e colocación no taboleiro de anuncios.

Madrid, sete de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria xudicial

Rubricado

3649