Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00476-I-97).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 8 de abril de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00476-I-97

PO-7695-Y

LE9OR0033289433

Empresa M. García, S.A.

Xeneral Mola, 9

36800 Redondela (Pontevedra)

Ás 12.02 horas o vehículo matrícula PO-7695-Y de Empresa M. García, S.A. proveniente de Redondela con viaxeiros a bordo accede á estrada N-555 que leva de Redondela ó aeroporto de Peinador ás 12.03 horas no punto quilométrico 0,700 realiza parada na que se apean 2 viaxeiros ás 12.08 horas realiza outra parada na que se apea 1 viaxeiro. Posteriormente realiza outra parada para deixar 1 viaxeiro e desvíase da N-555 cara ó Alto dos Valos para realizar unha parada na que se apea 1 viaxeiro, ata enlazar coa estrada N-550 ás 12.20 horas e continuar cara a Redondela por esta. Por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 23 de maio de 1996 revogóuselle a autorización á Empresa M. García, S.A. para prestar servicio no itinerario Alto dos Valos, Negros, Fortóns, Redondela dentro da concesión V-1913:XG-148.

9-10-1997; 12.02

Art. 68 e 71 da Lei 16/1987 e Art. 66 do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei

16/1987, Art. 201 Real decreto 1211/1990

250.000 ptas.

3564