Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/135-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilar de Barrio-Norde.

Situación: Vilar de Barrio.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a C.T. de Vilar de Barrio-1, a 20 kV, conductor LA-56, de 800 m de lonxitude, orixe en o apoio da L.M.T. de Vixueses-Codosedo e remate no C.T. de Vilar de Barrio-1. L.M.T. aérea a C.T. de Vilar de Barrio-2, a 20 kV, conductor LA-56, de 1.192 m, con orixe no apoio da L.M.T. Laza-Vilar de Barrio e remate no C.T. de Vilar de Barrio-2. L.M.T. aérea a C.T. de Barrio, a 20 kV, conductor LA-56, de 113 m de lonxitude, con orixen en apoio nº 7 da L.M.T. a C.T. de Vilar de Barrio-2 e remata no C.T. de Barrio. L.M.T. aérea ó C.T. da estación de Vilar de Barrio, a 20 kV, conductor LA-56, lonxitude de 782 m, con orixe en apoio nº 85 da L.M.T. Vixueses-Codosedo e remate no C.T. da estación de Vilar de Santos. C.T. de 100 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. en Vilar de Barrio.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 11 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3565