Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/25-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. saídas subestación a Rúa-Barco-Sequeiros.

Situación: A Rúa.

Descricións técnicas: 3 liñas subterráneas a 20 kV, en conductor R.H.V. 12/20 kV. (1ª). De 200 m de lonxitude, con orixe na subestación proxectada da Rúa e remate en apoio de formigón proxectado de entronque entre a L.M.T. aérea ó Barco e a L.M.T. aérea a Roblido. (2ª). De 450 m, con orixe na subestación proxectada da Rúa e remate no C.T. do edificio de formación profesional. (3ª). De 1.675 m, con orixe na subestación proxectada da Rúa e remate no C.T. Noria.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3451