Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/8-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. Guindeiras-Rúa Vella.

Situación: A Rúa.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, de 20 kV, de 660 m de lonxitude, con conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe no C.T. existente de Campo Grande e remata no futuro C.T. de Rúa Vella. L.M.T. subterránea de 20 kV, 440 m de lonxitude, con conductor R.H.V. 12/20 kV, con orixe no C.T. existente na caseta de Guindeiras e remata no futuro C.T. de Rúa Vella.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 26 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3441