Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a prórroga da toma de posesión dos predios de substitución na zona de Lourenzá Norte (Lourenzá - Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Lourenzá Norte (Lourenzá-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión deles, póñense a disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución prorrogándose a data límite, para a dita toma de posesión, ata ó do 30 de abril de 1998, a falta de acordo do propietario deles e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, e contados

desde o 2 de maio de 1998, os interesados poderán reclamar, unindo dictame pericial de todas e cada un do predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Segundo ó artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, previo apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outorga a os que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandoe a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 15 de abril de 1998.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural

de Lugo

4029