Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998 pola que se renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Galaicontrol, S.L., con domicilio na rúa Párroco Don Serafín, 49 baixo, 36216 Vigo (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2, 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12 h) e 18.3º.1 a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral resolveu:

Renovarlle aacreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o control de calidade da construcción a Galaicontrol, S.L. con domicilio na rúa Párroco Don Serafín, 49 baixo, 36216 Vigo (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

-HC área de control de formigón en masa, de cemento, de áridos e de auga co número 15018HC91.

-SE área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15019SE91.

-SV área de solos, áridos, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais co número 15020SV91.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

3657